OUFF · Ourense Film Festival

O OUFF • Ourense Film Festival abre a súa convocatoria de acreditacións para medios de comunicación

Está dirixida a xornalistas, fotógrafos, medios dixitais e profesionais do sector audiovisual ou das redes sociais. Tras estudar a solicitude, enviarémosche un correo electrónico coa confirmación do estado da túa acreditación.

Tramitación das solicitudes

Enviar debidamente cumprimentado o formulario de solicitude.

Data límite para realizar solicitudes: 22 de setembro de 2026, pasada a cal non se garante a tramitación de novas acreditacións.

O proceso completo de tramitación das acreditacións é exclusivamente en liña na web do festival. Para calquera dúbida ou información adicional contactar co departamento de comunicación: comunicacion@ouffestival.gal

A Oficina de Comunicación do OUFF estará encantada de responder a todas as preguntas e proporcionar máis información sobre a competición.

Condicións sobre as acreditacións

A acreditación é válida para acceder a todas as roldas de prensa, eventos, presentacións e actividades paralelas con convocatoria a medios de comunicación. Esta acreditación dá acceso á gala de inauguración e de clausura, pero será necesario confirmar asistencia para dispoñer de asento reservado.

A acreditación é persoal e intransferible; o uso indebido da mesma pode implicar a súa retirada por parte da organización. A acreditación está restrinxida a maiores de 18 anos.

Ao finalizar o festival, é necesario enviar a cobertura efectuada (reportaxes, programas, recensións de publicación, materiais audiovisuais etc.) ao OUFF • Ourense Film Festival. Isto é requisito imprescindible para garantir a renovación da acreditación en futuras edicións.

A solicitude da acreditación non conleva a súa aceptación. Unha vez revisada a solicitude, notificarase a súa aceptación ou denegación xunto cos seguintes pasos para completar o trámite.

O OUFF resérvase o dereito de aprobar ou denegar unha acreditación de prensa segundo a avaliación dos documentos solicitados.

Que supón estar acreditado?

  • Poder acceder a todas as roldas de prensa, eventos, presentacións e actividades paralelas con convocatoria a medios de comunicación.
  • Traballar nos espazos habilitados para prensa nas galas:
    • Alfombra vermella.
    • Photocall de gañadores.
    • Espazo de prensa no auditorio.*
  • Acceso aos encontros de directores da Sección Oficial en sala.*
  • Entrada previa comunicación ao OUFF Film Symphony Howard Shore Tribute.*
  • Acudir ás proxeccións de Sección Oficial, no primeiro ou segundo pase.* É necesario comunicar a asistencia con antelación de 24 horas.
  • Visita guiada aos medios pola exposición Terra do Anel – Unha viaxe entre reinos.*

* Será necesario confirmar asistencia para dispoñer de asento reservado.

Acceso ás proxeccións para prensa acreditada

A acreditación de prensa identifica o/a profesional, pero NON dá acceso directo ás salas de proxección.

Para asistir ás películas e sesións do festival, é imprescindible seguir o seguinte procedemento de reserva de convites:

  • Solicitude previa (24 horas de antelación): débese solicitar a asistencia ás proxeccións do cun mínimo de 24 horas de antelación.

  • Ampliación de pases dispoñíbeis: como novidade nesta edición, ao contar con 4 pases de cada película da Sección Oficial, a prensa acreditada poderá solicitar a súa reserva tanto para o 1º como para o 2º pase.

  • Confirmación obrigatoria: é imprescindible recibir a confirmación escrita da túa solicitude por parte do equipo de prensa antes de acudir á sala.

    • En caso de cupo completo: se o pase solicitado xa non dispón de prazas para acreditados, tentarémos ofrecer entrada para o seguinte pase dispoñíbel.

    • Sen confirmación: se non se recibe confirmación ou se se notificou que o pase está completo, pregamos non acudir ao cine para esa sesión.

  • Acceso á sala e recollida de entradas (Código QR): unha vez confirmada a reserva, persoal do equipo de produción fará entrega da entrada directamente no punto de acceso ao cine. Sen o convite con código QR non se permitirá o acceso a ningunha sala.

Cando podo recoller a miña acreditación?

A acreditación de prensa pódese recoller a partir do venres 25 de setembro. Para recoller a acreditación, débese mostrar o correo electrónico de confirmación da inscrición (tamén válido en formato dixital).

Podo enviar a outra persoa para recoller a miña acreditación?

Non, a acreditación é persoal e intransferible, polo que debe recollerse en persoa. Non se permite a representación.