
A promoción «Sorteo dunha entrada dobre para Sección Oficial» (no sucesivo, “a promoción”) é unha oferta do OUFF – Ourense Film Festival (en adelante OUFF) para os usuarios que participen no noso Instagram: https://www.instagram.com/ouffestival/.
Premio: sorteamos unha entrada dobre para a película de Sección Oficial que o gañador/gañadora elixa.
Condicións: para participar só tes que facer unha fotografía no photocall instalado no Centro Comercial Ponte Vella, subila como historia e mencionar de maneira visible á conta @ouffestival.
O prazo de participación finaliza o día 26 de setembro ás 23:59 horas.
De entre todas as participacións válidas, realizarase un sorteo aleatorio mediante a ferramenta APPsorteos. O sorteo realizarase o 27 de setembro ás 13:00 horas. Notificarase ao gañador mediante unha mensaxe privada na rede social. Dispón de 24 horas para aceptar/confirmar o premio. En caso de non aceptar ou de non recibir resposta pola súa banda, as entradas pasarán ao gañador suplente.
Dereitos de imaxe: á aceptación do premio, o gañador outorgará o seu consentimento irrevogable ó OUFF para a utilización, publicación e reprodución en todo o mundo e sen limitación, da súa imaxe e nome en calquera tipo de publicidade, promoción, publicación, incluído Internet, ou calquera outro medio da natureza que sexa, con fins comerciais ou informativos sempre que estes se relacionen coa presente acción, sen reembolso de ningún tipo para o participante e sen necesidade de pagar ningunha tarifa.
Aceptación de Bases: a participación na presente promoción supón a aceptación expresa e íntegra das presentes Bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas das citadas Bases que puider efectuar Ourense Film Festival.
Os gañadores do devandito premio son os únicos responsables de todos e cada un dos gastos accesorios relacionados ou asociados con tal premio. O premio non inclúe ningún tipo de seguro (por exemplo, seguro de accidente, de viaxe, de evacuación…).
O OUFF resérvase o dereito para revisar, negar ou suspender a promoción a calquera conta sospeitosa de incumprir ben as condicións desta oferta, en particular no relativo á veracidade de datos e á prohibición de rexistrar máis dun usuario por persoa física, sen prexuízo das accións adicionais que procedesen por tal incumprimento.




