
O cartel do OUFF
O cartel da edición número 30 do Ourense Film Festival é obra do ilustrador ourensán Miguel Robledo e ten a Calpurnia e a cidade de Ourense coa súas pontes ou o río, entre outros, como principais elementos.
Sobre Miguel Robledo
Ilustrador autodidacta nacido en Ourense, comezou a súa traxectoria profesional no ámbito do cómic abríndose paso, posteriormente, na ilustración editorial e a comunicación gráfica. Ao longo da súa carreira profesional traballou na industria da animación, tanto en proxectos de TV como en produtoras cinematográficas. Na actualidade é director de arte en Aira Editorial, onde ilustrou entre outros Frankenstein, de Mary Shelley, Unha noite non tren dá Vía Láctea, de Kenji Miyazawa, Heidi, de Johanna Spyri, e Tres contos para nenas malas, de José Ovelleiro.
Por primeira vez, o cartel do OUFF conta cunha versión en movemento. A animación parte do debuxo de Miguel Robledo e conta coa animación feita por Soraya Picouto; a sonorización de Sebastián Mato, que inclúe elementos como o son dun afiador, do tren ou do río en movemento; e o novo logo do festival, deseñado por Miguelanxo Carvalho.




