
Consigue as túas entradas para o OUFF
O OUFF · Ourense Film Festival ten previstas máis de 160 proxeccións en diferentes espazos da cidade. Se queres asistir a algunha, aquí che contamos todo o que necesitas saber para non quedar sen entrada.
Entradas de pago
As entradas para asistir ás películas das seguintes seccións custan 4 euros:
- Sección Oficial Internacional
- Sección Oficial Panorama Galicia
- Inédito
- Colleita
As proxeccións terán lugar nos Cines Pontevella e no Teatro Principal (consulta a ficha de cada película para ver onde e cando). Podes adquirir as túas entradas no despacho de billetes destes espazos ou en liña, en Galicine e Ataquilla, respectivamente.
Bono 10+
Se mercas polo menos 10 entradas para o festival, poderás asistir á estrea exclusiva dunha película sorpresa o 8 de outubro no Teatro Principal, a partir das 20:30 horas. Para iso, debes completar as 10 casillas do teu Bono 10+.
Podes solicitar o teu bono no despacho de billetes dos Cines Pontevella ou do Teatro Principal e selarémosche unha casilla por cada entrada que merques.
Entradas de balde
Son gratuítas as entradas para os distintos pases de:
- Sección Oficial Curtametraxes
- Agarimo
- Ciclo AMAL en Ruta: Cine Árabe
- Sección Made in OU
- Homenaxes
Estes traballos proxectaranse en diferentes espazos:
- Sección Oficial Curtametraxes: Cineclube Padre Feijoo
- Agarimo: Cines Pontevella
- Ciclo AMAL en Ruta: Cine Árabe: Teatro Principal + Cineclube Padre Feijoo
- Sección Made in OU: Centro Cultural Marcos Valcárcel
Neste caso, as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do espazo correspondente desde 1 hora antes da proxección.
Os pases no Teatro Principal tamén poden mercarse en liña.
Proxeccións no Auditorio Municipal
O Auditorio Municipal é otro dos espazos do OUFF. Aquí terán lugar as galas de inauguración e clausura do festival. Para asistir a calquera delas, é necesario unha invitación.
O ciclo de Cine Familiar tamén se proxectará no Auditorio. As entradas poden conseguirse en calquera dos establecementos asociados na cidade de Ourense.




