Sinopse
Olga e Javier, unha parella de clase media, presencian como a moza que vai limparlles a casa recibe mensaxes ameazantes no seu móbil. Ante esta situación, deciden intervir, enfrontándose así a un repentino cambio de vida.
Galería de fotos
Ficha Técnica
Duración: 93 min
País: España
Ano: 2025
Xénero: Thriller
Director: Norberto López Amado
Guión: Norberto L. Amado (Basado en Duda razonable de Borja Ortiz de Gondra)
Música: Pedro Navarrete
Fotografía: Néstor Calvo
Montaxe: Fernando Guariniello
Intérpretes: Daniel Grao, Lucía Jiménez, María Romanillos, Paco Tous
Produtores: Eduardo Campoy, Adolfo Blanco, Raúl Berdonés, Pablo Jimeno
Produción: Secuoya Studios, Álamo Producciones Audiovisuales, A Contracorriente Films
Distribución nacional: A Contracorriente
Trailer
Norberto L. Amado
Director ourensan de cinema, series e documentais. Licenciado en Dereito e en Cinematografía, comezou a traballar no audiovisual como realizador e produtor na Axencia EFE, o tempo que dirixía e producía as súas primeiras curtametraxes: El espíritu de la luna e La mirada del ángel. A súa ópera prima foi Nos miran, en 2002. Desde entón, dirixiu outras longametraxes como La decisión de Julia, cuia protagonista Marta Belasustegui recibiu o premio á mellor actriz no OUFF 2016. Como documentalista destaca o seu traballo How much does your building weigh, Mr. Foster. En televisión dirixiu máis de 25 series de prime time como El Príncipe, El tiempo entre costuras, Mar de plástico ou El Internado.







