Sinopse
O bertsolari-poeta Pello Mari Otaño foxe por primeira vez á República Arxentina tras a Abolición Foral (1876) evitando ser alistado para o exército e ao cabo de dous-tres anos regresa de novo a Zizurkil ao constatar que non hai ningún requirimento cara a el. Permanece alí case dez anos traballando co gando. Otaño é un “gaucho” máis, ata que enferma e decide regresar á súa amada terra. Momento onde comeza a narración da película.
Galería de fotos
Ficha Técnica
Duración: 115 min
País: España
Ano: 2025
Xénero: Biopic
Director: Patxi Bisquert
Guión: Patxi Bisquert
Música: Koldo Uriarte
Fotografía: Javier Bilbao
Montaxe: Joseba Salegi
Intérpretes: Uma Manterola, Joseba Usabiaga, Sara Cózar, Ramón Agirre
Produtores: Patxi Bisquert, Txepe Lare, Ángel Amigo, Imanol González.
Produción: Eguzkiart Zinema, S.L
Patxi Bisquert
Actor e director. En 1981, os produtores da película La fuga de Segovia, de Imanol Uribe, que narra la fuga real de un grupo de presos de ETA en 1976, ofrecéronlle un dos papeis protagonistas, xa que Bisquert colaborara na organización da fuga. Deste xeito, Patxi Bisquert, que non tivera ata entón relación co cinema, comezou unha carreira de actor. Tras este primeiro papel, actuou en La conquista de Albania, de Alfonso Ungría (1983) e Akelarre, de Pedro Olea (1984). A súa consagración chegaríalle ese mesmo ano co seu papel protagonista en Tasio, de Montxo Armendáriz. En total participou en máis dunha trintena de películas.






