Roteiros de Cine é unha actividade organizada polo OUFF · Ourense Film Festival, en colaboración coa Deputación de Ourense.

Esta proposta ten como obxectivo principal descubrir os escenarios naturais da nosa provincia que acolleron rodaxes de películas e series ao longo dos anos.

Hai tres rutas que permiten coñecer os espazos filmados e contrastar a imaxe cinematográfica coa realidade paisaxística:

  • 29 de setembro: Ourense–Pazos–Moldes
  • 1 de outubro: Esgos–Allariz–Celanova
  • 3 de ouubro:San Clodio–Ribadavia–Melón
29 setembro, 1 e 3 outubro

Roteiros de Cine

  • Saídas desde Centro Cultural Marcos Valcárcel

  • Saída 10 h. Regreso 17 h.

  • Prazas limitadas

As visitas, de carácter lúdico e divulgativo, están dirixidas por Beatriz Rodríguez Álvarez e Olalla Lorenzo Sueiro e teñen saída ás 10:00 h dende a Alameda e regreso ás 17:00 h. Este proxecto busca poñer en valor a riqueza natural, histórica e cultural da provincia, consolidando a súa identidade como escenario cinematográfico e promovendo o vínculo entre o territorio, a memoria, a paisaxe, a cidadanía, a creación artística e a sétima arte.