La llegada del hijo

CECILIA ATÁN E VALERIA PIVATO / Arxentina / 2024

Pases

Venres 3/10 – 19:30h
Cine Ponte Vella – Sala 7

Sinopse

No medio dun profundo dó, Sofía recibe en casa ao seu fillo cando este sae de prisión, dándolles aos dous unha oportunidade de reconectar e acurtar as súas distancias despois de tantos anos.

Premios

  • 2024 Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (Arxentina): Premio Astor Piazzola á mellor longametraxe

Galería de fotos

Ficha Técnica

Título: La llegada del hijo
Duración: 95 min
País: Arxentina
Ano: 2024
Xénero: Drama
Directoras: Cecilia Atán e Valeria Pivato
Guión: Cecilia Atán, Valeria Pivato
Música: Federico Jusid
Fotografía: Sergio Armstrong
Montaxe: Teresa Font
Intérpretes: Maricel Álvarez, Angelo Mutti Spinetta, Cristina Banegas, Greta Fernández
Produtores: Fernanda del Nido, Juan Pablo Miller, Cristina Zumárraga, Pablo E. Bossi
Produción: Tarea Fina, Setembro Cine, Tandem Films

Trailer

Cecilia Atán e Valeria Pivato

Cecilia Atán, directora arxentina formada no sector nos equipos de traballo de cineastas como Juan José Campanella, Héctor Babenco ou Gerardo Herrero. A súa ópera prima, La novia del desierto, proxectouse na sección Un Certain Regard de Cannes e noutros moitos festivais. Previamente dirixira a serie documental Madres de la Plaza de Mayo, a historia, nomeada aos International Emmy Awards.

Valeria Pivato, é directora, guionista e profesora. Estuda Cinema e Deseño e traballa xunto a cineastas como Juan José Campanella, Walter Salles ou Pablo Trapero, entre outros. A súa primeira longametraxe de ficción, La novia del desierto, estréase en Cannes e percorre festivais como San Sebastián, A Habana ou Huelva, onde gaña o premio ao mellor filme.