Nova Calpurnia
Con motivo da súa 30ª edición, o OUFF · Ourense Film Festival presenta o redeseño do seu trofeo máis emblemático: a Calpurnia. Esta escultura, creada orixinalmente en 1997 polo artista galego Manuel Buciños, foi reinterpretada polo propio autor para conmemorar tres décadas de cinema en Ourense.
Novo deseño
O novo deseño inspírase na cabeza dunha actriz e está decorado con elementos cinematográficos, como unha cinta de cinema que emerxe da cabeza e envolve o corpo, simbolizando o vínculo entre arte, identidade e narrativa audiovisual.
Ao longo da súa historia, foi entregado como Calpurnia de Honra a figuras destacadas do cinema como Rodrigo Cortés, Gonzalo Suárez, Loles León, Jaime Chávarri, Arturo Ripstein e a produtora Vaca Films, ademais de premiar cada ano á mellor película en competición.
Este ano, o cineasta Daniel Guzmán recibirá a Calpurnia de Honra pola súa traxectoria e compromiso co cine social.




