
Made in OU é a sección do OUFF · Ourense Film Festival que busca dar cabida dentro do festival aos traballos de creadores ourensáns, amateurs ou profesionais, que non compiten nas seccións oficiais.
As pezas seleccionadas proxectaránse durante o festival no Cine Clube Padre Feijoo.
A PROPOSTA
Made in OU nace para que os creadores ourensáns teñan un escaparate dentro da programación do festival e poidan amosar públicamente o seu proxecto, cando este non acadara estar nas seccións oficiais ou sexa un formato non seleccionable.
COMO PARTICIPAR
Para inscribirse na sección Made in OU, os traballos deben cumprir un destes catro requisitos:
- Produtora ourensá
- Dirección ourensá
- Equipo técnico formado por polo menos un 80% de persoas ourensás
- 80% da metraxe gravada na provincia de Ourense
A solicitude pode facerse a través de Festhome ou neste formulario en liña, aportando a ligazón para o visionado, ata o 30 de xullo.
Un equipo seleccionado pola dirección do festival elixirá as pezas que se proxectarán nesta sección.




