Howard Shore Tribute - OUFF Film Symphony

A Xove Orquestra Ourensanía interpretará en Ourense y en Verín a coñecida banda sonora que Howard Shore compuxo para a triloxía de El señor de los anillos.

Co gallo do 25.º aniversario da histórica triloxía cinematográfica El Señor de los Anillos esta gala sinfónica convida o público a volver á Terra Media a través dunha das bandas sonoras máis influentes e admiradas da historia do cine. A Xove Orquestra Ourensanía, baixo a batuta de José Luis Tielas, interpretará unha escolma de composicións creadas por Howard Shore para a célebre adaptación da obra de J.R.R. Tolkien, dirixida por Peter Jackson.

Serán dúas as citas que achegarán a música da Terra Media á provincia: en Ourense o 27 de setembro, e en Verín o 3 de outubro.

OUFF Film Symphony: Howard Shore Tribute

27 de setembro
  • Auditorio Municipal de Ourense

  • 12:00 h

  • Entrada de balde

3 de outubro
  • Auditorio de Verín

  • Entrada solidaria 10 €

Gañadora de numerosos premios internacionais, a música de Shore converteuse nun elemento esencial da identidade da triloxía, imbuíndo os pobos, as paisaxes e as personaxes deste universo fantástico de profundidade emocional e personalidades distintivas.

Desde a serenidade da Comarca ata a escala épica das grandes batallas que lle deron forma ao destino da Terra Media, cada composición evoca unha viaxe sonora chea de emoción, aventura e nostalxia cinematográfica.

Neste evento, o OUFF volve apostar pola música en directo, levando a máis de cincuenta músicos ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense para un concerto homenaxe que non só celebra o aniversario dunha saga que engaiolou a toda unha xeración de espectadores, senón tamén o extraordinario legado musical dunha obra que transcendeu a pantalla para se tornar nun referente cultural. Unha experiencia única para os amantes do cine, a música sinfónica e a fantasía, este concerto permitirá ao público redescubrir en directo a forza e a beleza dunha das bandas sonoras máis memorables endexamais escritas para unha saga cinematográfica.