Este sitio web pertence á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, propietaria da marca OURENSE FILM FESTIVAL, en diante OUFF.
A sede do OUFF atópase no Centro Cultural Marcos Valcárcel Progreso 30, 32003. Ourense.
Datos da empresa
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2.002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, informámoslles que os datos identificativos da empresa son os seguintes:
Denominación Social: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Nif / Cif: P3200000B
Domicilio Social: RÚA PROGRESO, 30
Teléfono: +34 988 317 500
Dirección de correo electrónico: info@depourense.es
Propiedade intelectual
Os dereitos de propiedade intelectual do sitio web www.ouffestival.gal, os seus textos, deseños gráficos, código fonte, imaxes e vídeos (excepto os proporcionadas por terceiros), fotografías, estrutura de navegación e todos os demais contidos son titularidade da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE e están protexidos pola lexislación española sobre os dereitos de propiedade intelectual e industrial. Calquera reprodución, publicación total ou parcial, distribución, comercialización ou transformación dos contidos que non fosen expresamente autorizados, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial recollidos na lei.
A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE poderá exercer todas as accións administrativas, civís e penais que lle correspondan no caso de infracción ou incumprimento destes dereitos por parte do usuario.
Dereitos protexidos
Todas as marcas, logotipos, produtos e actividades do OUFF están protexidos polas leis e disposicións contidas nas leis de propiedade industrial, intelectual, marcas e publicidade, así como polos tratados internacionais que regulan tales materias e, en especial, os dereitos de autor. Esta protección legal faise extensiva á venda de localidades, que o OUFF comercializa con carácter exclusivo e cuxa revenda, comercialización e/o distribución por terceiros non autorizados queda expresamente prohibida en forma algunha e/o por calquera medio, incluídos, pero non limitados a, sorteos, campañas de recadación de fondos ou promocións comerciais de calquera tipo. O OUFF resérvase o exercicio das accións legais que procedan contra as persoas ou entidades que infrinxan esta prohibición, en defensa dos seus dereitos e imaxe pública.
Acceso e usuarios da páxina web
A web www.ouffestival.gal foi desenvolta co obxectivo de proporcionar información sobre o OUFF e todas as actividades organizadas no marco do festival, así como permitir a realización de trámites relacionados con elas.
O acceso a www.ouffestival.gal establece a quen o realiza, a condición de “usuario”, podendo este utilizar única e exclusivamente o material que apareza neste sitio web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais, salvo permiso previo e por escrito. O acceso e utilización dos contidos de www.ouffestival.gal realizarase baixo a única e exclusiva responsabilidade do usuario, comprometéndose este a facer un bo uso dos servizos e contidos, que nunca poderán ser utilizados para actividades ilícitas. O usuario acepta todas e cada unha das condicións de uso aquí especificadas.
O OUFF resérvase o dereito de modificar, ampliar, suprimir parte do contido, configuración, presentación, especificacións e servizos de forma unilateral e sen previo aviso ao usuario. Así mesmo resérvase o dereito para modificar as presentes condicións de uso, así como calquera outras condicións contidas no sitio web www.ouffestival.gal.
No caso de que o usuario achegue datos de carácter persoal para poder acceder a algún dos servizos da web www.ouffestival.gal, na recollida e tratamento dos seus datos persoais será de aplicación o disposto na Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Lexislación aplicable e xurisdición
No caso de que se produza calquera discrepancia ou controversia con motivo da interpretación ou aplicación das presentes condicións, ou ben co uso do sitio web, a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE e o usuario, acordan, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais competentes no domicilio da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.




