Roteiros de cine

Ourense convértese nun grande escenario ao aire libre nesta ruta que nos leva a descubrir lugares que serviron de escenario para películas e producións audiovisuais.

A través dun percorrido por rúas, prazas, pontes e recunchos con encanto, coñeceremos como a cidade e mais a súa contorna se transformaron ante as cámaras para narrar historias de todo tipo. Ademais de identificar localizacións de rodaxe, exploraremos curiosidades, anécdotas e detalles sobre as producións que escolleron Ourense como plató.

Unha experiencia diferente para amantes do cinema, da cultura e do patrimonio, que permite ver a cidade cunha nova mirada: a da sétima arte.

Roteiros de Cine

28 de setembro

  • Encontro na Alameda

  • Saída 9 h. Regreso 17:15 h.

30 de setembro
  • Encontro na Alameda

  • Saída 9 h. Regreso 17 h.

2 de outubro
  • Encontro na Alameda

  • Saída 9:30 h. Regreso 16:30 h.

As visitas

As visitas, gratuítas e de carácter lúdico e divulgativo, están dirixidas por Beatriz Rodríguez Álvarez e Olalla Lorenzo Sueiro, con traslados entre as distintas localizacións en autobús. As prazas para cada roteiro son limitadas, e deben reservarse no correo roteirosdecine@gmail.com ou nos teléfonos 690 813 726 e 988 215 465.

Nesta edición, serán tres os roteiros que percorrerán os escenarios de cine na provincia de Ourense. Estas son as datas, os destinos e as obras cinematográficas homenalleadas:

28 de setembro:

  • Melón, Camporredondo, Ribadavia, San Clodio, Pazos de Arenteiro e Moldes.
  • A Esmorga, Cotolay, El desorden que dejas, Olvido y León, Los girasoles ciegos, Cuñados, Elisa y Marcela.

30 de setembro:

  • San Pedro de Rocas, Allariz, Verín e Cabreiroá.
  • Live is life, A lingua das bolboretas, Cuñados, La virgen del cristal, Me has robado el corazón, Vidago Palace.

2 de outubro:

  1. Ourense e Celanova.
  2. Los girasoles ciegos, A esmorga, 13 exorcismos, Cuñados, O home e o can, Hospital central, Pelerinaxes, Santoalla, Años después, Elisa y Marcela, Anos despois, El desorden que dejas, El bosque del lobo.