1. Obxecto

O Ourense Film Festival (OUFF), ten como obxectivo fundamental ser un foro cultural para a defensa, promoción e coñecemento dun audiovisual galego de calidade, persoal e que implique risco e independencia a nivel creativo.

2. Datas de celebración

A 30 edición do OUFF terá lugar do 26 de setembro o 5 de outubro de 2025.

3. Sede

Ourense Film Festival (OUFF)
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Calle Progreso, 30
32003  Ourense (España)
Teléfono: + 34 988  317 896
www.ouff.org
ouff@depourense.es

4. Sección

Sección oficial internacional de longametraxes e curtametraxes.

5. Participantes

Poderán concursar as persoas físicas ou xurídicas (produtoras, distribuidoras…) que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten a competición.

6. Requerimentos das películas

  1. Deberán estar producidas en 2024 e 2025.
  2. Poderán ser obras de ficción, animación ou documentais.
  3. As películas non poderán terse estreado con anterioridade ó OUFF en salas comerciais de Galicia.
  4. Deberán ter unha duración superior ós 60 minutos para longametraxes e inferior a 15 minutos para curtametraxes.

7. Cómo participar

A inscrición das películas para participar nesta sección será de balde e deberá facerse polas seguintes canles: a través de Festhome (para longametraxes e curtametraxes) ou Click For Festivals (para longametraxes).

a) O prazo de recepción de películas rematará o 30 de xullo de 2025.
b) A dirección do festival reservase o dereito de poder seleccionar títulos que por diferentes motivos cheguen fora de prazo.

8. Selección

Unha comisión nomeada pola organización será a encargada de invitar as películas que competirán nesta sección oficial do certame.

9. Obrigas dos seleccionados

Os participantes cuxas películas sexan seleccionadas para a sección competitiva deberán cumprir as seguintes disposicións:

  1. A total aceptación das presentes bases.
  2. Cesión dos dereitos para a exhibición pública das súas películas.
  3. Autorización para divulgar materiais das películas inscritas (fotogramas, carteis, fichas, fragmentos do guión, textos de prensa, etc.). Os participantes autorizan a difusión de até dous minutos de imaxes das devanditas películas en calquera medio de comunicación.
  4. Aceptación de que, no caso de obter algún dos premios con dotación económica outorgados na competición, incluirán unha referencia ó mesmo de forma obrigatoria e inescusable, alomenos, no material informativo e promocional impreso (press- books, carteis, etc.).
  5. Deberán facilitar á organización todo o material que se lle solicite (carteis, press book, fotografías, listado de diálogos, etcétera).
  6. Facilitarán á organización a copia de proxección (a ser posible en DCP).
  7. No caso das curtametraxes, aquelas que estean noutro idioma distinto do castelán, deberán estar subtituladas ao castelán ou galego.
  8. Non poderán retirar a película da programación.
  9. A copia deberá estar en poder do festival antes do 10 de setembro de 2025.
  10. Os representantes legais das obras comprométense a non facer pública a selección oficial, así como a selección dos premiados, ata que o faga o propio festival. O incumprimento desde punto poderá ser motivo de exclusión da competición. No caso de suceder, a obra excluída relevarase pola primeira obra que figure na reserva da preselección interna.
  11. A persoa ou entidade que presenta a película seleccionada comprometese a que asistan o festival representantes do equipo técnico ou artístico.

10. Exhibición

  1. As proxeccións da competición de longametraxes faranse en sistema DCP -que cumpra a normativa internacional DCI- ou no formato que considere o Festival.
  2. As produtoras ou distribuidoras que inscriban a película deberán facilitar as KDM para os servidores das sedes do festival, correndo os gastos por conta delas.
  3. Durante a celebración do certame a organización resérvase o dereito de exhibir as películas seleccionadas nas salas cinematográficas e espazos vencellados a este Festival un máximo de catro sesións. A organización establecerá a orde, data e horario de exhibición.
  4. As películas deberán permanecer en poder do festival para a súa exhibición ata o seu remate.
  5. As obras gañadoras serán proxectadas, nun pase especial, o día seguinte o remate do certame.

11. Xurado

  1. Os premios das seccións oficiais serán outorgados por un xurado, designado pola organización e formado por tres profesionais do mundo cinematográfico, audiovisual, medios de comunicación e cultura
  2. O xurado non poderá declarar deserto ningún premio nin concedelo Ex Aequo.
  3. O xurado poderá conceder as mencións especiais (sen dotación económica) que considere oportunas.
  4. As decisións do xurado serán inapelables.

12. Premios da Sección Oficial

Na competición oficial, o xurado outorgará os seguintes galardóns:

  1. Calpurnia ao Mellor Película – 10.000€ + Trofeo
  2. Premio Carlos Velo á Mellor Dirección – 3.000€ + Trofeo
  3. Premio Especial do Xurado – 3.000€ + Trofeo
  4. Premio ao Mellor Guión – 2.500€ + Trofeo
  5. Premio á Mellor Interpretación – 2.500€ + Trofeo
  6. Premio á Mellor Curtametraxe – 2.000€ + Trofeo “Eloy Devaneiro”

13. Premios paralelos:

  • Premio á Mellor Ópera Prima – 3.000€ + Trofeo
  • Premio do Público – 3.000€ + Trofeo
  • Premio CIMA á Mellor Cineasta – Trofeo

* O premio do público concederase ó film da competición oficial de longametraxes que obteña unha maior puntuación ponderada en función dos votos emitidos polos espectadores tralas proxeccións.

* Premio CIMA: concédeo a Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA) á mellor cineasta da Sección Oficial.

* O Premio á Mejor Ópera Prima concédeo o comité organizador do festival.

14. Reparto económico de premios

Na Sección Oficial, a dotación económica dos premios corresponderá integramente á distribuidora o produtora que presentara a película no caso do galardón a mellor película, coa excepción dos premios a mellor dirección, guión e interpretación que serán para as persoas físicas que resulten gañadoras. En tódolos casos as retencións fiscais e outros gastos en que se poida incorrer á entrega dos premios en metálico serán deducidos destes, co que o montante final variara dependendo das condicións establecidas por cada país e da forma en que se realice o pagamento.

15. Premiados: presencia na gala de clausura

Os galardoados deberán estar presentes na gala de clausura do festival para recoller o premio. De non poder asistir deberán xustificar a súa ausencia por causas de forza maior, do contrario a organización entenderá que o premiado renuncia tanto o premio en metálico como o trofeo correspondente.

16. Resolución final

As dúbidas que poidan xurdir sobre a interpretación destas bases, así como os conflitos que puideran producirse derivados da súa aplicación, en canto á organización ou funcionamento serán competencia exclusiva da organización do festival.