Ourense Film Festival (OUFF)

Ourense é terra de cineastas e directores como Carlos Velo ou Antonio Román, entre outros, escenario vivo de rodaxes de éxito, enclave estratéxico de cultura e creatividade audiovisual e un espazo ligado á tradición e ao desenvolvemento da industria cinematográfica en toda a provincia.

O Ourense Film Festival (OUFF) naceu en 1996 organizado polo Concello de Ourense co claro obxectivo de traer á cidade o mellor do cinema independente da man do seu creador, Eloy Lozano. Un fito que os cidadáns viviron con emoción ao ver pasar a grandes figuras do cinema nacional por Ourense.

Dende o ano 2018, a Deputación Provincial de Ourense faise cargo do OUFF, cedendo a súa organización á Fundación Carlos Velo (2018-2024) e á Asociación Cultural Luarada (2025-actualidade).

Durante todo este tempo, o festival foi un punto de encontro de cineastas, espectadores e profesionais, que comparten a súa paixón por historias que traspasan fronteiras e desafían as convencións, e especialmente enfocado nun cinema cun claro compoñente social.

Proxeccións, encontros, talleres e actividades paralelas converten á cidade de Ourense nun vibrante escaparate de cinema, reafirmando o noso compromiso coa diversidade e liberdade creativa que así se demostra en cada unha das edicións.