Sinopse
A historia comeza cunha avoa e o seu neto de once anos cando atravesan os campos infindos de limoeiros e figueiras chumbas comestas pola cochinilla. É alí onde ela lle quere mostrar algo que ninguén máis viu: nunha vella choupana de labregos, a Pascuala ten secuestrado o seu propio fillo. Cando o seu pai desaparece, Rubén múdase a vivir coa súa avoa, á que apenas coñece. Ata daquela criarase coa súa nai, coa súa familia xitana; e é que Rubén ten dúas metades, dous sangues, dúas liñaxes. Nunha contorna rural onde o tempo parece deterse a cada intre, o rapaz aprenderá da man da anciá como as feridas familiares se transmiten de xeración en xeración e loitará á medida que crece por intentar sandalas e descubrirá todo o que nunca soubo sobre o seu pai.
Ficha Técnica
Dirección Jaime Lorente
Guión Jaime Lorente, Salvador S. Molina
Fotografía Elías M. Félix
Montaxe Regino Hernández
Música Luismi Glez Bedmar
Vestiario Cristina Aguado Saz
Intérpretes Miguel Ángel Puro, Susi Sanchéz, Hugo Arbués, Óscar de la Fuente, Abel de la Fuente
Produción Félix Rodríguez, AF Films, El Mal Hijo la Película S.L.U., Match Poin
Distribución Karma Films
Tráiler
Jaime Lorente

Murcia (España), 1991
Actor, director e escritor español formouse en interpretación na Escola Superior de Arte Dramático de Murcia e ten un mestrado en estudos avanzados pola UNIR. A súa primeira aparición como actor profesional foi na serie de Antena 3 El secreto de Puente Viejo (2016), no papel de Elías Mato. Un ano despois chegou o seu grande éxito con La casa de papel. Mentres traballaba nas mencionadas series televisivas, comezou a súa carreira no cine rodando Historias románticas (un poco) cabronas, no 2016, que foi emitida no 2018, ano no que se estreou Todos lo saben, do director iraniano Asghar Farhadi; película que o catapultou internacionalmente. No teatro actuou na produción Equus, pola que gañou o Premio ao Mellor Actor na primeira edición dos Premios María Jesús Sirvent.
Filmografía destacada
2026 La silla
2025 Coartadas
2025 Reversión
2024 Disco, Ibiza, Locomía
2018 La sombra de la ley
2018 Todos lo saben





