Sinopse
Biskaia, 1935. Unha forte tormenta embarrancou un barco inglés cargado de toneladas de carbón. Durante a noite, os veciños de Algorta amoréanse na costa para rescatar o ouro negro. Sabas Jáuregui considérao un golpe de sorte; Josefa, a súa muller, un mal agoiro. Ignorando as súas súplicas, Sabas arrastra os seus fillos á violenta tormenta. A familia fará o impensable para protexer o carbón que podería salvalos do inverno… ou condenalos para sempre.
Ficha Técnica
Dirección Igor Legarreta
Guión Igor Legarreta, Andoni de Carlos
Fotografía Imanol Nabea
Montaxe Maialen Sarasua
Música Pascal Gaigne
Deseño de produción Mikel Serrano
Vestiario Maite Tarilonte
Intérpretes Urko Olazabal, Itziar Ituño, Josean Bengoetxea, Carlos Santos
Produción Lamia Producciones, Lamia Films, LAZONA Zinema
Distribución Buena Vista International
Tráiler
Igor Legarreta

Bilbao (España), 1973
Escribe e dirixe curtametraxes coma El Trabajo (1998, premiada nos festivais de cine de Montpellier e Locarno) e El Gran Zambini (2005). En 2002, dirixiu dous episodios de Urban Myths Chillers. Escribiu o guión das películas Regreso a Moira (2006) e Autómata (2014), producida e protagonizada por Antonio Banderas, onde tamén dirixiu a segunda unidade. Tamén dirixiu a segunda unidade en Zipi y Zape y la isla del Capitán (Oskar Santos, 2016). Coescribiu os guións de Aries (2005) e 9 Santos (2018). No 2017, dirixiu a súa primeira longametraxe, Cuando dejes de quererme. No 2020, dirixiu Todas las lunas (Ilargi guztiak). Las ciegas hormigas (Inurri Itsuak) é a súa terceira película. Tamén dirixiu seis episodios da serie Operación Marea Negra (2023, 2024).
Filmografía destacada
2026 Las ciegas hormigas (Inurri Itsuak)
2020 Todas las lunas (Ilargi guztiak)
2017 Cuando dejes de quererme





