Sinopse
Á saída dun cinema, un home e unha muller comezan a falar e seguen a conversación nun café proximo. Alí construirán un mundo de fantasía no que se converterán en quen sempre quixeron ser (unha escritora e un astronauta) e deciden quedar todos os xoves á mesma hora e no mesmo lugar. Aos poucos namóranse… pero cando as súas vidas reais entran en xogo, terán que loitar por protexer a súa relación.
Premios
- 2024 Festival Internacional de Cine de la UBA (Arxentina): Mellor Longametraxe Internacional
Galería de fotos
Ficha Técnica
Título: Lo que quisimos ser
Duración: 90 min
País: Arxentina
Ano: 2024
Xénero: Comedia dramática
Director: Alejandro Agresti
Guión: Alejandro Agresti
Música: Leo Caruso
Fotografía: Marcelo Camorino
Montaxe: Glenda Daus, Alejandro Soler
Intérpretes: Eleonora Wexler, Luis Rubio, Antonio Agresti, Carlos Gorosito
Produtores: Fernando Sokolowicz, Analía Pérez, Teresa Pacitti
Produción: Arco Libre, 1010 Mente Colectiva, Tronera Producciones, Aleph Media
Alejandro Agresti
Director de cinema, guionista, actor e escritor. Escribiu e dirixiu unha vintena de longametraxes en Arxentina, Europa e Hollywood. Gañou senllos premios Cóndor de Prata ao mellor director e mellor guión polas súas películas Buenos Aires viceversa (1996) e Valentín (2002). Ademais, en 2001, recibiu o Diploma ao Mérito dos Premios Konex como un dos 5 mellores directores de cinema da década en Arxentina. Anos despois, trasladouse a EE.UU., onde realizou o exitoso filme The lake house. Alterna o seu traballo tras a cámara co de escritor e analista de guións para produtoras norteamericanas.






