OUFF Film Symphony

A música cinematográfica de Hans Zimmer, gañador de dous Oscars e catro Globos de Ouro, desprenderá a súa maxia no Auditorio Municipal de Ourense na 30ª edición do OUFF.

Considerado un revolucionario da banda sonora moderna por fusionar a orquestra sinfónica con electrónica e ritmos innovadores, Zimmer é o autor dalgúns dos temas máis icónicos e recoñecibles do cine das últimas décadas.

Este tributo ao xenio alemán será levado a cabo pola Xove Orquestra Ourensanía, a primeira formación sinfónica estable da cidade, que baixo a dirección de José Luis Tielas interpreta un amplo repertorio que inclúe obras doutros compositores como Ennio Morricone ou John Williams, e debutou na gala dos Mestre Mateo 2023.

28 de setembro

OUFF Film Symphony: Hans Zimmer Tribute

  • Auditorio Municipal

  • 12 horas

  • Entrada libre ata completar aforo

Un percorrido emocional, lembrando bandas sonoras das recoñecidas longametraxes que definiron xeracións: Piratas del Caribe, Origen, Interstellar, Amor a quemarropa, Pearl Harbor e Gladiator.

Nesta cita, a agrupación de máis de medio centenar de intérpretes de Ourense, tomará o escenario cunha posta en escena espectacular e levarannos por un percorrido emocional, lembrando bandas sonoras das recoñecidas longametraxes que definiron xeracións: Piratas del Caribe, Origen, Interstellar, Amor a quemarropa, Pearl Harbor e Gladiator. Estas pezas, descritas como “o latexo do cine moderno”, serán amenizadas con proxeccións audiovisuais, convertendo o concerto nunha experiencia cinematográfica en directo.

Con esta proposta, o OUFF consolida a súa aposta por unir cine e música de alta calidade, ofrecendo espectáculos de gran formato que combinan a calidade artística cunha conexión co público. Unha noite imperdible para todos os amantes do cinema e da música, que transformará a sala do Auditorio nunha pantalla sonora chea de emocións e lembranzas.