Presentadores

Gala de Inauguración

OUFF - Rafa Durán

Rafa Durán

Rafa Durán é un dos comunicadores máis versátiles do panorama galego. Presentador, cómico, improvisador e dinamizador de eventos, conta con máis de dúas décadas de experiencia en televisión, galas, congresos e espectáculos. O seu estilo familiar, espontáneo e cargado de humor permítelle conectar con públicos de todo tipo, convertendo cada intervención nunha experiencia dinámica, participativa e memorable.

Gala de Clausura

OUFF - Noelia Rey

Noelia Rey

Xornalista e presentadora ourensá que se consolidou como un dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia. Comezou a súa traxectoria en Malicia Noticias e destacou á fronte de espazos como A Grande Escolla, ademais de se converter na encargada de presentar as Badaladas de Fin de Ano da TVG desde 2021. A súa simpatía, naturalidade e frescura fixeron dela unha das comunicadoras con maior proxección de Galicia.

OUFF - luis Larrodera

Luis Larrodera

Presentador, actor, humorista e locutor cunha sólida traxectoria en televisión e radio. Acadou unha grande popularidade ao poñerse á fronte do mítico Un, dos, tres… a leer esta vez, e máis tarde consolidou a súa carreira presentando Alta Tensión e substituíndo a Jordi Hurtado en Saber y Ganar. A súa simpatía, capacidade de improvisación e humor elegante fan del un dos comunicadores máis versátiles do panorama audiovisual español.