Aquí poderás coñecer os xurados das diferentes seccións competitivas que forman parte desta 31ª edición do OUFF.

Sección Oficial Internacional

Ana Alvargonzález

Presidenta do xurado – Directora de arte e deseñadora de vestiario

Cómpre salientar o seu vestiario para La noche oscura de Carlos Saura, candidata aos premios Goya, ou Tierra y libertad de Ken Loach. En deseño de produción, destaca El hombre que perdió su sombra, de A. Tanner, e La Celestina, de Gerardo Vera. De Agustí Villaronga, subliñamos Incierta Gloria e Pa negre, pola que recibiu un premio Goya e mais un premio Gaudí. Directora de arte en vinte episodios de Juego de tronos, La caja 507 e ¡García! Premio Ricardo Franco no Festival de Málaga 2024. Actualmente en cines, El Nido, de Hugo Stuve.

FEDERICA SABATINI JURADO INTERNACIONAL

Federica Sabatini

Actriz

Entre os seus traballos en cine inclúense papeis protagónicos en Saremo giovani e bellissimi (Venecia 2018), I Liviatani (2020) e Prophecy (2025). Saltou á fama como Nadia nas temporadas 2 e 3 de Suburra en Netflix, un papel que repetiu en Suburra Æterna (2023). Os seus proxectos para Netflix tamén inclúen a serie española Toy Boy 2. En televisión, interpreta a Giulia Mezzanotte na serie de culto Don Matteo. Actualmente está a rodar a nova serie da Rai NEMO – Chi ha ucciso Sofia?

Pablo Barinaga

Head of International Physical Production en ZETA Studios

Licenciado en Comunicación Audiovisual (Universidad de Navarra) e ten un mestrado en Produción Audiovisual (Universidad Complutense de Madrid). Ten unha extensa experiencia en grandes producións, xa que traballou con directores como Guy Ritchie, Hugh Hudson, Tarsem Singh, Ric Roman Waugh e Juan José Campanella, así como en series para Netflix, Disney+ e Amazon Prime Video. A súa experiencia como produtor abrangue España, Italia, Francia, Malí, Arabia Saudita e países latinoamericanos como A Arxentina ou Perú e, actualmente, Uruguai e Chile.

Marta Belenguer

Actriz e dramaturga

A súa carreira audiovisual inclúe series como Farmacia de guardia, La casa de los Líos, Aquí no hay quien viva e Camera Café. No 2004, protagonizou a curtametraxe 7.35 de la mañana, de Nacho Vigilando, que lle valeu a candidatura ao Óscar. Participou en filmes como El menor de los males, El viaje a alguna parte e La última cena. No teatro, combina grandes producións como El método Grönholm con obras de teatro que ela mesma escribe e dirixe, como Donasmóviles.

FERNANDO GARCÍA JURADO INTERNACIONAL

Fernando García

Deseñador de vestiario

Estudou deseño de moda en Sevilla e en Madrid especializouse en vestiario de cine co seu mestre Pepe Reyes. Asina filmes como: Primos, Siete Vírgenes, Lejos del Mar, El hombre de las mil caras, Rita, Los Tigres, La Luz… Directores como Alberto Rodríguez, León de Aranoa, Sánchez Arévalo e Paz Vega confíanlle cada proxecto. Gañador do Goya ao Mellor Deseño de Vestiario por La Isla Mínima e por Modelo 77. E 3 candidaturas máis: Grupo 7, Un día perfecto e El Buen Patrón. Desde o 2010, compaxina o traballo no cine coa marca de moda que dirixe co seu irmán, Antonio García.

Sección Oficial Panorama Galicia

Xurado Panorama Galicia_Francis Lorenzo

Francis Lorenzo

Presidente do xurado – Actor e presentador

Cunha dilatada traxectoria de máis de catro décadas no mundo do espectáculo, consolidouse como unha das figuras máis recoñecibles do cine, a televisión e o teatro en España. Ademais de traballar con cineastas recoñecidos como José Luis Cuerda, Icíar Bollaín ou Enrique Urbizu, a súa presenza audiovisual conta cun longo percorrido. Na televisión, marcou época con papeis memorables en series de grande éxito como Águila Roja, La Caza, El Inmortal ou Compañeros.

Amalia Enríquez

Xornalista e membro da Academia de Cine

Xornalista e comunicadora galega cunha sólida traxectoria profesional, está especializada na divulgación cinematográfica e cultural. É membro activo da Academia de Cine e da Academia de Televisión, ademais de formar parte do prestixioso xurado votante dos Premios Óscar e dos Premios Forqué. Na actualidade dirixe Red Carpet Films e conta cunha ampla e recoñecida experiencia en contidos audiovisuais e xornalísticos para grandes medios de comunicación como Televisión Española (TVE), TVG, Movistar+, COPE ou a revista dixital The Luxonomist.

Evoto - Luis Iglesia - Xurado de SO Panorama Galicia

Luís Iglesia

Membro de AISGE

Actor e director de dobraxe cunha dilatada traxectoria profesional de máis de tres décadas no teatro, no cine e na televisión. É un dos rostros e voces máis recoñecidos da ficción galega grazas a papeis fundamentais en series emblemáticas como Matalobos ou Pazo de familia ou en producións de ámbito estatal como El Ministerio del Tiempo, así como na gran pantalla en filmes de sona, entre os que destaca Julieta, dirixida por Pedro Almodóvar. Compaxina o traballo diante das cámaras e nos escenarios coa dirección e dobraxe de proxectos audiovisuais, sendo ademais unha figura destacada dentro da asociación AISGE.

Xurado Panorama Galicia_Ariadna Silva

Ariadna Silva Fernández

Membro de CREA

Cineasta e fotógrafa galega graduada en Comunicación Audiovisual (UOC) e cun mestrado en Fotografía (TAI) e Servizos Culturais (USC). Na súa traxectoria cinematográfica destacan o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental por 360 curvas (2025), o Premio Contemporánea, en Intersección – Festival Internacional de Cine de A Coruña por Friccións (2023), e o premio CREA á Mellor Dirección por O intruso (2021), tras pasar por festivais como FICX, Curtocircuíto ou Play-Doc.

Xurado Panorama Galicia_Adriana Paramo

Adriana Páramo

Membro de CIMA

Cineasta directora galega con recoñecemento internacional. Licenciada en Comunicación Audiovisual (USC), conta cun mestrado en dirección de cine (London Film School). O seu traballo explora a representación do corpo das mulleres, a identidade e o territorio. A súa primeira longametraxe, o documental Grelei raíces no teu lar (2025), forma parte da súa tese de doutoramento, na Royal Holloway (Londres), sobre a representación do parto no cinema. Actualmente combina a docencia coa produción no festival Cineuropa e no London Spanish Film Festival.

Sección Oficial Curtametraxes

Nani Matos

Presidente do xurado – Actor, director e guionista

Nado en A Guarda, conta  cunha ampla traxectoria no sector audiovisual galego e español. Como cineasta, asinou e dirixiu as curtametraxes Flores para Amalia e Dies dei. Na súa faceta interpretativa, participou en series que acadaron gran sona, como Fariña, Vivir sin permiso, O sabor das margaridas ou Serramoura. Cunha sólida formación artística e musical, achega o seu gran criterio crítico a esta sección oficial do festival.

Chacha Huang

Actriz

Actriz de orixe chinesa afincada en España, leva anos consolidando unha sólida traxectoria internacional en cine e televisión. Moi recoñecida polos seus papeis en series de éxito coma Zorro ou La casa de papel, tamén destacou na gran pantalla en filmes como Perdiendo el este ou a aclamada película Emmanuelle. A súa participación na curtametraxe Xiao Xian demostrou a súa gran versatilidade interpretativa, amosando así o seu gran talento escénico.

Xurado Curtas_Carla Nieto_Carlos Villarejo foto.jpg

Carla Nieto

Actriz

Actriz nada en Girona de ampla traxectoria no cine e na televisión nacional e internacional. Na pequena pantalla participou en series destacadas como El síndrome de Ulises, Acusados, Cuéntame cómo pasó, Ángel o demonio ou El Caso, Crónica de sucesos. No ámbito cinematográfico destacou en filmes como Lope, Trash ou Las furias, ademais de protagonizar diversos proxectos en curtametraxe e producións audiovisuais en España e México.