1. A PROPOSTA

FAÍSCAS é un concurso por equipos, na modalidade de residencia, para a realización dunha obra audiovisual cunha duración determinada durante un tempo limitado.

2. OS EQUIPOS

  • A inscrición será por equipos nunha única categoría.
  • Cada equipo estará formado por un máximo de 5 membros que non poderán ser menores de 18 e maiores de 30 anos. Deste equipo exclúese o elenco artístico ou entrevistados.
  • Os equipos deberán inscribirse na seguinte ligazón, onde deberán aportar o nome do proxecto, os datos de contacto dun membro que exercerá de produtor, unha descrición do proxecto e sinopse, os datos persoais de todos os compoñentes do equipo (nome, apelidos, DNI, data de nacemento e biofilmografía) e o material técnico que se empregará para a gravación.
  • Concursarán un total de 4-6 equipos.
  • A organización fará a selección dos equipos concursantes atendendo ao á calidade do proxecto e á adaptación do relato proposto nas bases do concurso.
  • Cada equipo seleccionado será o responsable de aportar o material técnico que considere necesario para o desenvolvemento do seu proxecto.

3. DATAS E DURACIÓN DO CONCURSO

  • A data límite de inscrición de propostas será o 7 de setembro ás 23:59h na ligazón facilitada no punto 2.
  • O tempo de preprodución comezará dende o momento en que se notifican os equipos seleccionados.
  • Os equipos concursantes deberán presentarse o día 29 de setembro ás 10:00h no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense para proceder á entrega de credenciais e á explicación detallada das bases do concurso.
  • Haberá un límite de tempo para a gravación e montaxe: dende o luns 29 de setembro, ata o venres 3 de outubro, enviando a peza rematada antes das 15:00h. coa ligazón de descarga correspondente.

4. O RELATO

  • O proxecto proposto deberá estar gravado íntegramente na cidade de Ourense e a súa contorna. A obra poderá ser de ficción, documental ou reportaxe.
  • Deberá destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, artísticos, etnográficos ou naturais da contorna.
  • Así mesmo, valorarase favorablemente a transmisión de valores sociais positivos tales coma igualdade, non discriminación, integración, etc.
  • A peza desenvolvida deberá ter unha duración mínima de 3 minutos e máxima de 15 minutos.
  • A obra deberá ser en lingua galega (incluídos créditos e información textual).
  • Deberá comenzar e finalizar co logotipo que se aportará dende a organización da sección FAÍSCAS do OUFF.

5. SELECCIÓN DOS PROXECTOS

De todos os proxectos enviados serán seleccionados 4-6 equipos que pasarán á fase de concurso. Para a súa selección valorarase:

  • A viabilidade do proxecto.
  • A orixinalidade da idea presentada.
  • A adecuación á representación dos valores arquitectónicos, sociais, históricos, artísticos, etnográficos ou naturais da contorna da cidade de Ourense especificadas nestas Bases.

6. A CONVIVENCIA

  • Tódolos equipos serán aloxados nun mesmo lugar, no que deberán cumprir as normas de convivencia designadas polo establecemento. As habitacións serán con liteiras e mixtas (10-12 persoas por habitación).
  • Tanto o almorzo como a cea serán dentro destas instalacións e a organización designará o restaurante acordado para o xantar cos horarios a cumprir.
  • A maiores da persoa responsable da coordinación da actividade, haberá unha titoría diaria da man dun profesional recoñecido do sector.

7. OS PREMIOS

  • O Concurso FAÍSCAS está dotado cun primeiro premio de 600€ e un segundo de 300€ para as obras audiovisuais que determine o Xurado.
  • Os dereitos de explotación non comercial das obras premiadas serán cedidos á Deputación de Ourense para a súa promoción.
  • O acto de visionado de todas as pezas creadas, xunto coa entrega dos premios realizarase na sala do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense o sábado 4 de outubro ás 12:00h.