Sinopse
Un grupo de septuaxenarias reúnese semanalmente nas clases de Aquagym. Carmela únese ao grupo por prescrición médica e, o que comeza sendo unha obriga, acaba por converterse nun espazo de liberdade e reencontro coa súa propia identidade. Oda á sororidade na vellez, Aquagym é o renacemento destas mulleres logo de liberadas da carga dos coidados. O grupo será, tamén, o espello no que mirarse para Yoli, a monitora, máis nova e aparentemente libre, mais encerrada nunha relación devastadora. Aquagym é, sobre todo, unha historia de sororidade, digna de facerlle xustiza a aquelo de «Xuntas somos mellores».
Tráiler
Iria Sobrado

Ourense (España), 1979
Artista galega. A súa proposta artística máis privada ten forma de performance e accións escénicas efémeras. Colabora no programa cultural Zig Zag de TVG. Como actriz traballou en Rapa, A lei de Santos, Pazo de Familia, Viradeira, ademais de diversos programas de TVG. Recentemente terminou a rodaxe de Marusía para Telecinco; Caldas, el último barco para Disney+; Clínica Miranda para TVG e as longametraxes Sin huella e O pesadelo das vacas. A actriz dá o paso natural cara á escritura e á dirección nun campo no que son necesarias máis historias de mulleres, escritas e dirixidas por mulleres. Participou como guionista en A lei de Santos e Saudade de ti e recentemente na serie Clínica Miranda de La Región para TVG. Aquagym será a súa ópera prima.




