Sinopse
Un escultor mozo instala o seu taller nunha zona rural e illada da costa galega. Co tempo apártase de todos, curta lazos con amigos e familia e empeza a imaxinar outra identidade… ata que un día aparece unha antiga amante e regresa ao pasado.
Premios
2025 Festival Internacional de Cine de Gijón: Mellor Director da Sección Oficial Albar
Ficha Técnica
Dirección Ángel Santos
Guión Á. Santos, Pablo G. Canga
Fotografía Iván Castiñeiras
Música Elba Fernández
Montaxe Marcos Flórez
Deseño de produción Tamara Soto
Intérpretes Denís Gómez, Violeta Gil, Miquel Ínsua
Produción Maruxiña F. Company, Amateurfilms, Matriuska
Distribución Baños Films
Tráiler
Ángel Santos
Pontevedra (España), 1976
Director, guionista e produtor galego. Desde o ano 2002 dirixiu varios curtas e longametraxes de ficción, ensaio e documental, consideradas representativas do Novo Cinema Galego. Foi cofundador e director durante cinco anos do Festival Novos Cinemas (2015-2019). É coñecido por títulos como Las altas presiones (2014) e A estación violenta (2017).





