Sinopse
Tras unha rave nunha fraga da Galicia rural, Alba esperta nunha igrexa, sen móbil e sen lembranzas do final da noite. Con axuda da súa amiga Noa, tenta encaixar as pezas do crebacabezas entre o misterio e dúas preguntas constantes: por que e con quen. Ao aclarárense as lembranzas, Noa cuestionará os límites da amizade e da sororidade.





