/

/

Cine Paraíso, Leiro

Cine Paraíso, Leiro

SIMONE G. SAIBENE / Galicia / 2025

Presentación

Martes 30/09 – 12:00h
CERES 1894

Sinopse

Ernesto Romero é Totò, o protagonista de Cinema Paradiso de Giuseppe Tornatore. Pero ao contrario del, en vez de fuxir á capital na idade adulta, dende hai 40 anos segue rexentando o seu romántico proxecto: a pequena sala do Novo Cine de Leiro, na súa vila natal. Ernesto Romero é como o soñador Fitzcarraldo do filme de Werner Herzog. É proxeccionista, pero tamén melómano, actor e cineasta amateur. A súa casa é un museo, un gabinete de curiosidades. E con 74 anos, aínda queda tempo, para que se cumpra un encontro real e inesperado, quizais, co seu alter ego, con Totò.

Galería de fotos

Ficha Técnica

Título: Cine Paraíso, Leiro
Duración: 70 minutos aprox.
País: Galicia
Ano: 2025
Xénero: Documental
Dirección: Simone G. Saibene
Guión: Simone G. Saibene, Sara Gómez
Fotografía: Jairo Iglesias
Montaxe: Andrea Bouzo
Son: Santi Jul, Iván Laxe
BSO: Paolo ‘Apollo’ Negri
Lingua orixinal: Galego
Localizacións principais de rodaxe: Leiro (Ourense), Ribadavia (Ourense), Carballiño (Ourense), Ourense, Vigo, Palermo e Palazzo Adriano (Sicilia, Italia)
Produtora: Noveolas Producciones S.L.
Produción executiva: Simone G. Saibene

Simone G. Saibene

É licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade IULM de Milán. Entre 2006 e 2010 traballou na Fundación Cultural San Fedele de Milán e colaborou coa revista de crítica cinematográfica Duel. En 2012 fundou en Ourense a produtora e distribuidora Noveolas. Dirixiu filmes como 9 ondas (2013), Pelerinaxes (2016) ou Escribir o imposible (2021), presentes en festivais nacionais e internacionais, con varios premios. Como docente e crítico colaborou con institucións e medios como o Instituto Cervantes de Milán, a UNED, Onda Cero Ourense, o CGAI, a ESAP de Porto, a Universidade de Vigo, o Consello da Cultura Galega ou La Región. Desde 2019 conduce Cinephilia en Telemiño, programa distinguido con dous Mestre Mateo, varias mencións e o premio CREA 2022. Ademais, lidera o grupo musical Os Forasteiros.