Club Kid

JORDAN FIRSTMAN / Estados Unidos / 2026 / Ficción / 126 minutos

Pases

Sábado 26/09 – 22:00 h
Galicine (CC Ponte Vella)

Luns 28/09 – 19:30h
Galicine (CC Ponte Vella)

Mércores 30/09 – 17:00h
Galicine (CC Ponte Vella)

Venres 2/10 – 19:30h
Galicine (CC Ponte Vella)

Sinopse

Peter (Jordan Firstman), un promotor de festas underground de Nueva York afeito aos excesos, á música electrónica e ás noites interminables, ve como o seu mundo pega unha reviravolta cando unha descoñecida aparece na súa porta con Arlo (Reggie Absolom), un neno de 10 anos que afirma ser o seu fillo. O que comeza como unha situación imposible axiña dá paso a unha conexión tola, divertida e tenra, tan inesperada como transformadora.

Premios

2026 Festival de Cannes (Francia) – Nominada a Un Certain Regard: Mellor película

Ficha Técnica

Dirección Jordan Firstman

Guión Jordan Firstman

Fotografía Adam Newport-Berra

Montaxe Taylor Levy, Sofia Subercaseaux

Música Cristobal Tapia de Veer

Deseño de produción Stephen Phelps

Vestiario Emily Costantino

Intérpretes Jordan Firstman, Cara Delevingne, Diego Calva

Produción Michael Bloom, Alex Coco

Distribución Bteam

Tráiler

Jordan Firstman

Estados Unidos, 1991

Jordan Firstman é un actor, escritor, comediante e director estadounidense. Acadou a fama no 2020, durante a pandemia da COVID-19, grazas ás súas divertidas e enxeñosas imitacións en Instagram, onde adoptaba as perspectivas de obxectos, conceptos e persoas. Traballou como guionista en series de sona como Search Party e Big Mouth, e apareceu como actor en producións como Ms. Marvel (2022) e The Other Two, protagonizando a película Rotting in the Sun (2023). No 2026, presentou no Festival de Cine de Cannes a súa aclamada estrea como director: a longametraxe Club Kid.

Filmografía destacada
2026 Club Kid