Sinopse
Era da Prohibición (1920-1933). Joe e Jerry son dous músicos do montón que se ven obrigados a fuxir despois de presenciaren un tiroteo entre bandas. Incapaces de atopar traballo e perseguidos pola mafia, deciden vestirse de mulleres e tocar nunha orquestra exclusivamente feminina. Joe (Curtis), para conquistar a Sugar Kane (Monroe), a cantante do grupo, finxe ser un magnate impotente; entrementres, a Jerry (Lemmon) faille as beiras un millonario que quere casar con el.
Galería de fotos
Premios
1960, Óscar: Premio ao mellor deseño de vestiario en branco e negro
1960, BAFTA: Premio ao mellor actor estranxeiro (Jack Lemmon)
1960, Globos de Oro:
- Premio á mellor película de comedia
Premio á mellor actriz de comedia ou musical (Marilyn Monroe)
Premio ao mellor actor de comedia ou musical (Jack Lemmon)
Ficha Técnica
Título orixinal: Some Like it Hot
Dirección: Billy Wilder
Guión: Billy Wilder, I.A.L Diamond, Robert Thoeren
Fotografía: Charles Lang
Montaxe: Arthur P. Schmidt
Música: Adolph Deutsch
Deseño de produción: Boris Grinsson
Vestiario: Bert Henrikson, Orry-Kelly
Intérpretes: Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon
Produción: United Artist
Tráiler
Billy Wilder

Nado en 1906 en Sucha (daquela Austria, hoxe Poloña), comezou a traballar como periodista en Viena e Berlín, de onde tivo que fuxir tras a chegada de Hitler, exiliándose aos Estados Unidos. En Hollywood converteuse nun dos grandes guionistas da Paramount; escribiu case setenta guións. Pasou á dirección “en defensa propia” e rodou 26 películas, entre elas obras mestras que lle valeron sete Óscar e vinte e unha candidaturas. Tras unha traxectoria que se estendeu de 1930 a 1981, continuou escribindo ata o final da súa vida, marcada pola perda da súa familia nos campos de concentración e por unha ética creativa chea de ironía e verdade, antes de morrer aos 95 anos en Beverly Hills.
Filmografía destacada
1974 Primera plana
1961 Uno, dos, tres
1960 El apartamento
1959 Con faldas y a lo loco
1957 Testigo de cargo
1954 Sabrina
1950 El crepúsculo de los dioses
1945 Días sin huella
1944 Perdición











