Deuses de Pedra

IVÁN CASTIÑEIRAS / España-Francia-Portugal / 2025

Pases

Sábado 27/9 – 22:00 h
Teatro Principal

Luns 29/9 – 17:00 h
Cine Ponte Vella – Sala 7

Sinopse

Deuses de Pedra é un compendio de relatos, personaxes e historias que revelan as memorias e retratan a forma de vida dunha comunidade rural situada na fronteira entre Galicia e Portugal: a raia. Nunha das últimas escolas rurais, a Mariana, unha nena de catro anos, descobre o mundo a través dos ensinos da súa mestra. Os contos infantís mestúranse coas lendas e historias que aínda habitan o lugar. Entre relato e relato, a Mariana medra e, aos seus dezasete anos, enfróntase a unha decisión vital: abandonar a súa aldea e separarse da súa nai para estudar no estranxeiro.

Premios

  • 2025 Indielisboa (Portugal): Mención de honra e Premio Universitario á Mellor Longametraxe Portuguesa
  • 2025 Documenta Madrid (España): Premio do Xurado a Mellor Película Nacional
  • 2025 Play Doc (España): Premio ao Mellor Documental da Sección Galicia

Galería de fotos

Trailer

Ficha Técnica

Título: Deuses de Pedra
Duración: 85 min
País: España – Francia – Portugal
Ano: 2025
Xénero: Documental
Director:Iván Castiñeiras
Guión: Iván Castiñeiras
Deseño de son: Miguel Moraes Cabral
Fotografía: Iván Castiñeiras
Montaxe: Antonio Trullén Funcia
Intérpretes: Cinda Freitas, Mariana Freitas Tavares
Produtores: Iván Castiñeiras Gallego, Ángel Santos Touza, Eminé Seker, André Gil Mata, Pedro Fernandes Duarte
Produción: Amateurfilms (España), Promenons-nous dans les bois (Francia), Rúa Escura (Portugal), Primeira Idade (Portugal), Iván Castiñeiras Gallego (España)
Distribución nacional: Amateurfilms

Iván Castiñeiras

ivan castiñeiras

Cineasta e director de fotografía galego. Licenciado en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela e en Cinema polo Conservatorio Nacional de Cinema de Lisboa-ESTC, completou os seus estudos en dirección de fotografía na École nationale supérieure Louis-Lumière de París. En 2020 participa no programa Berlinale Talent Campus e é seleccionado como artista membro da Academia de Francia Casa de Velázquez. É director de curtametraxes como A raia (2012), ou Où est la jungle? (2015). Realizou a dirección de fotografía de películas seleccionadas en Locarno, Rótterdan, Hot Docs, Visions du Réel, IDFA, Turín ou Jihlava, como Nos caminhos de Jorge e O homem de trás-os-montes (Miguel Moraes Cabral, Portugal), En todas as mans (Diana Toucedo, España) ou Soraya Luna (de Elisa Gómez Álvarez, Suíza), entre outros títulos. Rodada ao longo de quince anos, Deuses de pedra é a súa primeira longametraxe.

FILMOGRAFÍA

2012 A raia (curtametraxe)
2015 Where is the jungle? (curtametraxe)
2016 Chemins battus / Path of shadows (curtametraxe)
2018 Trajectory drift (curtametraxe)
2020 L’arbre de sang (curtametraxe)
2020 Le vent nous portera (curtametraxe)
2025 Deuses de pedra (documental)