Sinopse
Blanca, Rosa e Carmen, despois dun longo tempo sen coincidiren, reúnense coa sobriña de Rosa, Diana, para ir cazar a un coto de caza que Blanca herdou do seu tío José. As conversas fanse cada vez máis afervoadas, chegando a un enfrontamento entre elas.
Ficha Técnica
Dirección Pedro Aguilera
Guión Lola Mayo, Pedro Aguilera
Fotografía Eva Díaz (AEC)
Montaxe Clara Martínez Malagelada (AMAE)
Música Fernando Vacas
Deseño de produción Bárbara Díez
Vestiario Natalia Bengoechea
Intérpretes Rossy De Palma, Carmen Machi, Blanca Portillo, Zoé Arnao
Produción Jaime Gona
Distribución Sideral
Tráiler
Pedro Aguilera
País Vasco (España), 1978
Director e guionista, debutou con La influencia seleccionada para a Quincena de Realizadores do Festival de Cannes. A súa segunda película, Naufragio, estreouse no Festival de Sevilla. Con Demonios tus ojos (2017), participou no Festival de Rotterdam. Os seus traballos máis recentes son Splendid Hotel (2023) e Día de caza (2025).





