Sinopse
C.C. Baxter (Jack Lemmon) é un empregado modesto pero ambicioso dunha compañía de seguros de Manhattan. É solteiro e vive só nun apartamento discreto que lles presta ocasionalmente aos seus superiores para as súas citas. Espera que estes favores o axuden a ascender na empresa. Pero as cousas cambian cando se namora dunha ascensorista (Shirley MacLaine), que ten unha aventura cun dos xefes que usa o seu apartamento (Fred MacMurray).
Galería de fotos
Premios
1961, Óscar
- Premio á mellor película
- Premio á mellor dirección (Billy Wilder)
- Premio ao mellor guión orixinal
1961, Globos de Oro
- Premio á mellor película de comedia
- Premio á mellor actriz de comedia ou musical (Shirley MacLaine)
- Premio ao mellor actor de comedia ou musical (Jack Lemmon)
Ficha Técnica
Título orixinal: The Apartment
Dirección: Billy Wilder
Guión: Billy Wilder, I.A.L Diamond
Fotografía: Joseph LaShelle
Montaxe: Daniel Mandell
Música: Adolph Deutsch
Deseño de produción: Alenxandre Trauner
Vestiario: Forrest T. Butler, Irene Caine
Intérpretes: Jack Lemmon, Shirley MacLaine, Fred MacMurray
Produción: United Artist
Tráiler
Billy Wilder

Nado en 1906 en Sucha (daquela Austria, hoxe Poloña), comezou a traballar como periodista en Viena e Berlín, de onde tivo que fuxir tras a chegada de Hitler, exiliándose aos Estados Unidos. En Hollywood converteuse nun dos grandes guionistas da Paramount; escribiu case setenta guións. Pasou á dirección “en defensa propia” e rodou 26 películas, entre elas obras mestras que lle valeron sete Óscar e vinte e unha candidaturas. Tras unha traxectoria que se estendeu de 1930 a 1981, continuou escribindo ata o final da súa vida, marcada pola perda da súa familia nos campos de concentración e por unha ética creativa chea de ironía e verdade, antes de morrer aos 95 anos en Beverly Hills.
Filmografía destacada
1974 Primera plana
1961 Uno, dos, tres
1960 El apartamento
1959 Con faldas y a lo loco
1957 Testigo de cargo
1954 Sabrina
1950 El crepúsculo de los dioses
1945 Días sin huella
1944 Perdición









