Sinopse
Charles Tatum é un xornalista sen escrúpulos e sen fortuna por mor do seu alcoholismo que se ve obrigado a traballar para un pequeno xornal de Novo México. Cando un mineiro indio queda atrapado nun túnel, Tatum ve unha oportunidade para revivir a súa carreira xornalística. Confabulado co sheriff da cidade, converte o caso nun espectáculo mediático demorando o rescate todo o posible.
Galería de fotos
Premios
1952, Óscar: Nominación ao mellor guión
1951 National Board of Review: Premio á mellor actriz (Jan Sterling)
Ficha Técnica
Título orixinal: Ace in the Hole
Dirección: Billy Wilder
Guión: Billy Wilder, Lesser Samuels, Walter Newman
Fotografía: Charles Lang
Montaxe: Doane Harrison, Arthur P. Schmidt
Música: Hugo Friedhofer
Deseño de produción: A. Earl Hedrick, Hal Pereira
Vestiario: Edith Head
Intérpretes: Kirk Douglas, Jan Sterling, Richard Benedict, Robert Arthur
Produción: Paramount Pictures, Billy Wilder
Tráiler
Billy Wilder

Nado en 1906 en Sucha (daquela Austria, hoxe Poloña), comezou a traballar como periodista en Viena e Berlín, de onde tivo que fuxir tras a chegada de Hitler, exiliándose aos Estados Unidos. En Hollywood converteuse nun dos grandes guionistas da Paramount; escribiu case setenta guións. Pasou á dirección “en defensa propia” e rodou 26 películas, entre elas obras mestras que lle valeron sete Óscar e vinte e unha candidaturas. Tras unha traxectoria que se estendeu de 1930 a 1981, continuou escribindo ata o final da súa vida, marcada pola perda da súa familia nos campos de concentración e por unha ética creativa chea de ironía e verdade, antes de morrer aos 95 anos en Beverly Hills.
Filmografía destacada
1974 Primera plana
1961 Uno, dos, tres
1960 El apartamento
1959 Con faldas y a lo loco
1957 Testigo de cargo
1954 Sabrina
1950 El crepúsculo de los dioses
1945 Días sin huella
1944 Perdición








