Sinopse
Entroncamento é unha pequena cidade satélite de Lisboa. Nela, a vida é moi dura. Fuxindo dun pasado turbulento, Laura refúxiase nela coa esperanza dunha vida mellor. Establece amizade cun mozo desilusionado non moi diferente dela. Entre violencia, mala sorte e cobiza, as rúas da cidade nunca dormen. Unha película ruidosa e enérxica, que mira a verdade á cara.
Ficha Técnica
Título: Entroncamento
Duración: 131 min
País: Portugal – Francia
Ano: 2025
Xénero: Drama
Director: Pedro Cabeleira
Guión: Diogo Figueira, Pedro Cabeleira
Música: Jacques Brautbar
Fotografía: Leonor Teles
Montaxe: Pedro Cabeleira
Intérpretes: Ana Vilaça, Cleo Diára, Rafael Morais, Tiago Costa, Sérgio Coragem, André Simões
Produtores: Abel Ribeiro Chaves, Vasco Esteves, Edyta Janczak-Hiriart.
Produción: OPTEC-Sociedade Óptica Técnica (PT), Kometa Filmes (FR)
Distribución nacional: Pluto Films
Trailer
Pedro Cabeleira

Director, guionista e escritor. Tras graduarse en Dirección pola Escola de Teatro e Cinema de Lisboa, comezou a rodar a súa primeira longametraxe sen orzamento e traballando con actores novos e cun equipo mozo que coñeceu durante os seus estudos na escola de cine. Rodada ao longo dun ano e cun período de posprodución de tres anos, Verao Danado estreouse en 2017 en Locarno (Mención Especial do Xurado). A película foi seleccionada para varios festivais internacionais de cinema, entre eles Mar do Plata, Turín, Tiflis, Vilna e Cannes 2018 (na sección paralela ACID). En 2018 dirixiu a curtametraxe Filomena, encargado pola Trienal de Arquitectura de Lisboa, para formar parte da exposición itinerante Lisbon Acts, que tamén se estreou en IndieLisboa 2019. By Flávio a súa última curtametraxe, rodada en Torres Novas (Portugal), estreouse na Berlinale. Entroncamento foi seleccionada na Sección ACID do Festival de Cannes 2025.
FILMOGRAFÍA
2013 – Estranhamento (curta)
2017 – Verão Danado
2019 – Filomena (curta)
2022 – By Flávio (curta)
2025 – Entroncamento





