Sinopse
Estefanía Urriga, artista e mestra, ve como a súa vida se desmorona paulatinamente cando o seu pai é investigado pola xustiza debido a varios casos de corrupción. Para escapar do escándalo, foxe a Taiwan co pretexto de buscar respostas da súa distanciada nai, pero en cambio elixe distraccións con novas amizades, noites desenfreadas e paixóns inesperadas. Cando a realidade en casa alcánzaa, Estefanía finalmente debe enfrontarse a súa nai, que lle rifa por eludir a súa responsabilidade e esíxelle que tome unha postura. Estefanía dáse conta de que debe elixir: seguir fuxindo ou asumir a responsabilidade da súa historia.
Ficha Técnica
Título: Extranjera
Duración: 97 min
País: Puerto Rico-Taiwán
Ano: 2025
Xénero: Drama
Director: Michelle Malley
Guión: M. Malley
Música: William Wright.
Fotografía: Jeannice Mustafá
Montaxe: Tatiana Monge
Intérpretes: Aris Mejías, Patricia Reyes Spíndola, Daniel Lugo, Eyra Agüero, Gabriel Leyva
Produtores: Camila Reus Figueroa, Raul Abner Samrah, Mariela Ramos Oquendo, Andy Cortina
Produción: Vientos Films, Filmes Casa, Moovy Studios, Creative Island Works, Stone Soup
Distribución nacional: Vientos Films
Michelle Malley

Alumna da NYU-Tisch, é guionista e directora galardoada en numerosos proxectos en case 20 de anos na industria de cinema. Contadora de historias desde que ten uso de razón, as súas curtametraxes e vídeos musicais exhibíronse en certames como o Festival de Novo Cinema Latinoamericano, Guanajuato e no Short Film Corner de Cannes, entre outros festivais. Ademais de dirixir publicidade e ser videógrafa de proxectos culturais, é membro do Sindicato de Directores de América (DGA) e destacou como asistente de dirección nunha longa lista de películas e series de televisión de Hollywood, cunha pausa no 2013 para viaxar por 31 países. A súa ópera prima Extranjera é produto dun desas viaxes alén do mundo e destaca por ser a primeira película portorriqueña filmada en Taiwán (e en tres idiomas). Mentres tanto, segue en desenvolvemento de varios longos de ficción en etapas de escritura de guión.
FILMOGRAFÍA
2007 – When Chickens Bark (Curta)
2009 – Dos taquillas (Curta)
2011 – Ráfaga (Curta)
2011 – Sonríe (Curta)
2012 – El vecino (Curta)
2014 – Kinky (Curta)
2015 – En pedazos (Curta)
2019 – Yours (Curta)
2023 – Cangrejos (Documental)
2025 – Extranjera





