Filmei paxaros voando

ZELTIA OUTEIRIÑO / España / 2024 – FÓRA DE CONCURSO

Pases

Venres 3/10 – 19:30 h
Cine Ponte Vella – Sala 8

Sinopse

Zeltia, a directora do documental, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigamento familiar. Na súa procura de respostas, segue a vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Con todo, é coa súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora. Entre rodaxes e coidados, nai e filla atopan un espazo para sandar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor. Neste filme abórdanse temas como o dos coidados, a atención sociosanitaria que reciben as persoas maiores, en concreto as mulleres ou a homofobia da sociedade.

Premios

  • 2024 L’Alternativa (Barcelona): Mención Especial do Xurado

Galería de fotos

Ficha Técnica

Título: Filmei paxaros voando
Duración: 100 min
País: España
Ano: 2024
Xénero: Documental
Directora: Zeltia Outeiriño
Guión: Zeltia Outeiriño
Música: Socorro González González, Marcos Outeiriño González, Ale Fergar
Fotografía: Lucía C. Pan
Montaxe: Zeltia Outeiriño González, Nuria Mosqueira
Intérpretes: Socorro González González, Pepe Outeiriño, Antonio Outeiriño, Concha Outeiriño, Marcos Outeiriño González
Produtores: Mireia Graell Vivancos, Silvia Fuentes
Produción: Ringo Media e Sétima

Zeltia Outeiriño

Directora, operadora de cámara e guionista nacida en Madrid, pero moi pronto veuse para Galicia polo que considerase galega e ourensá. Emigrou de Galicia aos 23 anos coa intención de estudar cinema en Barcelona, onde cursará a licenciatura en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona. Especializouse na realización de proxectos de vídeo participativo e documental, moitos deles producidos desde o colectivo denominado As Mirillas, do cal é cofundadora. En 2019 cursou o Máster de Documental Creativo da Universidade Pompeu Fabra, tamén na capital barcelonesa. Dirixiu películas documentais individuais e colectivas seleccionadas e premiadas en diversos festivais, como Vientos de Resistencia, El Futur és nostre ou Bazar Solidario. A súa primeira longametraxe documental Filmei paxaros voando, foi a gañadora do Premio a Mellor Documental nos premios Mestre Mateo do ano 2025.

FILMOGRAFÍA (Documentais)
2011 El bazar solidario
2012 El futur es nostre
2013 Mientras vivamos, dancemos
2015 La Esperanza Kankuama
2017 La mentada de la Llorona
2018 Vientos de resistencia