Sinopse
O Galgo é un ex sicario que, tras saír de prisión, acepta un traballo aparentemente sinxelo en Isla Maciel. Con todo, o encargo desencadea unha serie de eventos caóticos que o enfrontan a unha rede de traizóns e violencia, obrigándoo a loitar pola súa supervivencia e a cuestionar o seu propio destino. Inspirada en feitos e personaxes reais, presenta unha visión crúa e sen concesións da realidade do crime e a marxinalidade en Bos Aires. Caracterízase por ser filmada en plano secuencia e en tempo real.
PREMIOS
- 2025 – Festival de Cine Fantástico de Bilbao (España): Premio do Público Mozo
Ficha Técnica
Título: Gatillero
Duración: 90 min
País: Arxentina
Ano: 2025
Xénero: Thriller
Director: Cris Tapia
Guión: Cris Tapia Marchiori, Clara Ambrosoni
Música: Santiago Pedroncini
Fotografía: Martín Sapia
Montaxe: Cris Tapia Marchiori
Intérpretes: Sergio Podeley, Julieta Díaz, Maite Lanata, Ramiro Blas, Mariano Torre
Produtores: Pablo Udenio, Enrico Udenio, Gabriel Dieb, Antonella Lagamba, Nicolás Yannicelli, Diego Sarcone, Ricardo Dinardi, Paulo Strina, José Luis Saade
Produción: Dukkah, Perspectiva Producciones
Distribución internacional: Dukkah
Trailer
Cris Tapia Marchiori

Director e guionista arxentino, que debutou co filme La noche más fría, protagonizado por Juan Palomino. Actualmente traballa na posprodución de Las flores de Julia, que obtivo cinco premios na categoría WIP no Festival de Viña do Mar. Gatillero é a súa segunda longametraxe. Adicionalmente ten traballado coma asistente de dirección e coma director de segunda unidade en Arxentina, Colombia, Ecuador e Uruguai.
FILMOGRAFÍA
2017 – La noche más fría
2025 – Gatillero







