Guerrillero

JOAN GAMERO / España / 2025 / Documental / 92 min

Pases

Luns 28 / 9 – 17:00 h.
Teatro Principal

Xoves 1 / 10 – 22:00 h.
Teatro Principal

Cartel de Guerrillero

Sinopse

En España chegaron a haber na posguerra uns 6.000 guerrilleiros e 100.000 ligazóns. Francisco Martínez, El Quico, é un das últimas testemuñas da resistencia armada que se organizou en amplas zonas de León e Galicia contra a ditadura franquista ata o ano 1952. El Quico cumpriu 100 anos o 1 de outubro do 2025 e cóntanos con extraordinaria lucidez, a súa infancia republicana, a violencia do golpe de estado franquista, a rede cidadá que se organizou para ocultar aos fuxidos e o día a día da guerrilla. A clandestinidade era a única opción para librarse da tortura e a morte. As belas paisaxes naturais de El Bierzo, Ourense e La Cabrera acompañan o relato de El Quico e trasládannos a unha época de terror, aínda hoxe pouco coñecida pola maioría de españois.

Premios

  • 2025 Bajío Documentary Film Festival 2025 (Queretano-México): Mellor Documental
  • 2025 SamhainBaucogna Intern. Film Festiva (Vila Real-Portugal): Mellor Documental
  • 2025 Sicilian Film Awards (Palermo-Italia): Mellor Documental
  • 2026 Accolade Global Film Competition (California/Estados Unidos): Premio de Excelencia ao Mellor Documental Latino-Hispano

Ficha Técnica

Dirección Joan Gamero

Guión Joan Gamero

Fotografía Joan Gamero

Montaxe Joan Gamero

Música Marc Sastre

Deseño de produción  J. Gamero

Deseño de Son  Roman Schoenbichler

Intervén  Francisco Martínez El Quico

Produción Paradocs

Localizacións El Bierzo e La Cabrera (León), Valdeorras (Ourense) e El Campello (Alicante)

Tráiler

Joan Gamero

Joan Gamero

Barcelonés nado en Madrid é director de cine, guionista e fotógrafo e cámara de vocación, que se iniciou filmando en Súper 8 mm. Estudou cine en L’Escola d’Estudis Artístics de L’Hospitalet (Barcelona) e exerceu de auxiliar de dirección en diversas longametraxes. En 1975 entrou en TVE-Catalunya, onde traballou como realizador en programas como Metrópoles, Documentos TV ou Redes, entre outros. Traballou como realizador en TVE, onde destacan a série Prisma, que ideou e dirixiu, e o documental Vivir a utopía. Dúas curtametraxes de ficción e varios documentais seus foron exhibidos na Berlinale, San Sebastián, Cinespaña, INPUT, JJOO Barcelona’92, Expo Sevilla’92 e Centro Pompidou (París). Apaixonado dos documentais, prefire no posible filmar e montar el mesmo os seus propios traballos.

Filmografía destacada
2026 Guerrillero
2025 El petit peó
2021 Londres-Ibiza-La Floresta
2016 Els Karamazoff, a walk on the SoHo years