/

/

Habitar o baleiro

Habitar o baleiro

MIGUEL RIAÑO ROA / Galicia

Pases

Martes 30/09 – 12:00h
CERES 1894

Sinopse

Habitar o baleiro aborda o paradoxo do rural: o despoboamento acelerado fronte a iniciativas que buscan resignificar estes territorios. Galicia como representación do rural en Europa e as provincias de Ourense e Lugo, como un dos terreos máis afectados polo éxodo, serve como eixo central para explorar este fenómeno global. O documental estructúrase en tres piares:

  • O baleiramento: A perda de poboación, pirámide de poboación invertida, abandono de modos de vida ancestrais.
  • A resistencia: Comunidades que loitan por seguir facendo do campo un lugar habitable.
  • O renacemento: Proxectos contemporáneos (teletraballo, neo- rurais, turismo sustentable, industria) que poden reorientar a vida rural.

O filme integra testemuños de expertos e expertas en socioloxía, economía, administración, historia e medio ambiente canda os de habitantes locais, combinados con imaxes costumistas das diferentes contornas rurais de interior e de costa.

Ficha Técnica

Título: Habitar o baleiro
País: Galicia
Dirección: Miguel Riaño Roa
Xénero: Documental

Trailer

Miguel Riaño Roa

Miguel Riaño Roa é comunicador audiovisual. Natural de Valladolid e dende hai 10 anos residente en Vigo, iníciase como cineasta en 2019 dirixindo e producindo numerosas curtas documentais de carácter historiográfico. Ciudad de la selva, foi a súa ópera prima e dende entón desenvolveu guións para televisión, dirixiu e realizou pezas sobre todo dirixidas á divulgación científica e de carácter social e publicitario. Habitar o baleiro será a súa segunda longametraxe documental como director.