Sinopse
É verán e Iris, de once anos, corrica polas rúas coa súa amiga maior, Danae, cando descobre que o seu pai, Aris, con quen non ten relación, volveu á vila para o funeral do seu propio pai. Decidida a reunirse con el, Iris atópao nun estaleiro abandonado, onde el se mantivo apartado. O que comeza como un teimudo intento de reconectar transfórmase devagariño nun vínculo fráxil e imperfecto, mais conmovedor.
Premios
2026 Festival de Sundance (Estados Unidos) Premio do público
Ficha Técnica
Dirección Myrsini Aristidou
Guión Myrsini Aristidou
Fotografía Lasse Ulvedal Tolbøll
Montaxe Jenna Mangula
Música Alex Weston
Deseño de produción Dimitra Sourlantzi
Vestiario Sasia Paludan
Intérpretes Hristos Passalis, Maria Petrova, Jenny Sallo
Produción 1.61 Films, Film Blades
Distribución Cercamon
Tráiler
Myrsini Aristidou

Chipre, 1990
Cineasta chipriota con varias obras que mereceron recoñecemento internacional. Estudou Cine e Historia da Arte no Pratt Institute de Nova York antes de obter o seu mestrado en Belas Artes na Tisch School of the Arts da NYU. As súas curtametraxes Semele e Aria estreáronse en importantes festivais como Venecia, Sundance ou a Berlinale, e Semele gañou o Premio do Xurado na sección Generation da Berlinale. Antiga residente da Cinéfondation de Cannes e ex alumna dos Sam Spiegel International Film Lab, TIFF Talent Lab e Berlinale Talents, a súa primeira longametraxe, Hold Onto Me, acadou o premio do público en Sundance. Myrsini é a fundadora da Sagapo Children’s Foundation, unha ONG dedicada a empoderar nenos desfavorecidos a través da educación e de iniciativas de aprendizaxe creativa.
Filmografía destacada
2026 Hold onto me





