Io e il Secco

GIANLUCA SANTONI / Italia / 2024

Pases

Domingo 28/09 – 19:30 h
Cine Ponte Vella – Sala 6

Martes 30/09 – 22:00 h
Cine Ponte Vella – Sala 6

Xoves 2/10 – 17:00 h
Cine Ponte Vella – Sala 6

Sinopse

Denni, de dez anos, ten unha misión que cumprir: salvar á súa nai da violencia do seu pai. Sendo tan novo, non pode facelo só. Entón decide buscar a axuda de alguén cuxo traballo é matar xente: un “superasasino”. O escollido é Secco, que non é un criminal, senón un rapaz cuxa vida non foi doada. O encontro entre Denni e Secco comeza unha aventura que oscila entre o drama e a comedia, a cabalo entre a fantasía e a dura realidade. Denni e Secco vivirán unha experiencia que os levará a cuestionar o significado de ser humano, o medo e o misterio que une e separa a pais e fillos.

Premios

  • Nominada a Mejor Ópera Prima David de Donatello 2025
  • Riviera International Film Festival 2024: Concorso ufficiale – Migliore Sceneggiatura, Premio del pubblico
  • Arthouse Awards 2024: Miglior Commedia

Ficha Técnica

Título: Io e il Secco
Duración: 100 min
País: Italia
Ano: 2024
Dirección: Gianluca Santoni
Reparto: Andrea Lattanzi, Francesco Lombardo, Barbara Ronchi, Andrea Sartoretti, Swamy Rotolo, Zoe Trevisan
Guión: Gianluca Santoni, Michela Straniero
Fotografía: Damjan Radovanovic
Montaxe: Desideria Rayner
Dirección de arte: Nicola Bruschi
Vestiario: Beatrice Giannini
Música: Dade
Produción: Ines Vasiljevic, Stefano Sardo, Danijel Pek, Pilar Saavedra Perrotta
Distribución internacional: Minerva

Trailer

Gianluca Santoni

Gianluca Santoni naceu en 1991 en Fermo. Estudou dirección no Centro Experimental de Cinematografía de Roma. Durante este tempo, rodou varias curtametraxes, incluíndo Gionatan con la G, que gañou o premio Universal Cinemaster. Este premio permitiulle cursar un máster nos Universal Pictures Studios de Los Ángeles. En 2018, escribíu a curtametraxe Indimenticabile, que rodou en 2019 e gañou numerosos premios en Italia e en todo o mundo. Io e il secco é a súa primeira longametraxe, pola que foi nomeado ao David di Donatello á Mellor Opera Prima.

FILMOGRAFÍA
2024 Io e il Secco
2022 Quando arriba l`Estate (Curta)
2019 Indimenticabile (Curta)
2016 Gionatan con la G (Curta)
2015 Duale (Curta)