/

/

Jürgenson frequency

Jürgenson frequency

RUBÉN MÉNDEZ / Ourense 

Pases

Martes 29/09 – 12:00h
Ceres 1894

Sinopse

Entre as ruínas dun século fondamente marcado pola guerra, a morte e o exilio, o artista Friedrich Jürgenson emprende unha busca que transformará para sempre a relación do ser humano co descoñecido. Ao descubrir voces imposibles ocultas en gravacións, consagra a súa vida a descifrar uns sinais que parecen xurdir desde o outro lado. Entre o rigor científico, a obsesión e a necesidade humana de seguir conectados con quen marchou, Jürgenson Frequency reconstrúe a historia real dunha persoa que se atreveu a escoitar as voces ocultas onde outros só atopaban ruído. Unha viaxe histórica, sensorial e filosófica cara a unha pregunta aínda sen resposta: remata a conciencia coa morte ou apenas cambia de frecuencia?

Rubén Méndez

jurgensonFrequency_director

Ourense (España), 1981

É realizador audiovisual e redactor publicitario. No ámbito literario é autor da novela Como quien quiere adiestrar a un gato, publicada por Ediciones Lantia en colaboración con Mediaset, e participou na obra coral 15 miradas al amor, de Almuzara libros. Dirixiu e guionizou curtametraxes como I See You Everywhere (2016) e La metafísica del asesino (2021), galardoadas con numerosos premios; entre eles o de Mellor Curta Galega en CURTAS – Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa e o Premio Lorca á Mellor Comedia no Festival Internacional de Cine de Granada. Coa longametraxe Jürgenson Frequency reconstrúe a vida de Friedrich Jürgenson, pioneiro da transcomunicación instrumental, a través dun relato biográfico de vocación internacional.