La culpa de Caín

ARTURO LÓPEZ RODAS / El Salvador / 2026 / Ficción / 13 min

Pases

Xoves 1/10 – 20:00 h
Cineclube Padre Feijoo

Cartel de La culpa de Caín

Sinopse

Luís non fala co seu irmán Pepe desde hai oito anos por asuntos pendentes da época na que eran socios. Cando sabe que Pepe sufriu un derrame cerebral, decide visitalo ao pensar que podería ser a súa derradeira oportunidade. Na casa do seu irmán, a culpa e a imaxinería relixiosa alíanse para que evite afrontar a dor causada.

Tráiler