Lola

ANTÓN CAEIRO / España / 2025

Pases

Xoves 2/10 – 22:00 h
Cine Ponte Vella – Sala 7

Venres 3/10 – 17:00 h
Teatro Principal

Sinopse

Lola é unha historia sobre a memoria da propia memoria. Un traballo que vai percorrendo as pasaxes da familia Rodal Blanco durante os anos da guerra civil e da represión que se realizou sobre eles a partir do relato dunha adolescente. Lola tiña 15 anos cando, por motivo do golpe de estado de 1936, ve como todo o seu mundo familiar e social vaise desmoronando ao seu ao redor. Lola desprovista de protección paternal quedou totalmente soa coa súa irmá máis pequena, practicamente vivían de pedir na rúa e aínda así foron capaces de saír adiante e de alimentar aos seus pais que estaban encarcerados, tendo que vivir situacións como cando enviaban os paquetes en Correos onde lles chegaron a dicir que eses paquetes nunca chegaban ao seu destino.

Galería de fotos

Trailer

Ficha Técnica

Título: Lola
Duración: 91 min
País: España
Ano: 2025
Xénero: Documental
Director: Antón Caeiro
Guión: Antón Caeiro
Música: Margarita Mariño
Fotografía: Xan Lourenzo, Eloy Puga
Montaxe: O Faiado
Intérpretes: Dolores Rodal Blanco
Produtor: Antón Caeiro
Produción: O Faiado Produccións

Antón Caeiro

Traballador da imaxe, fundamentalmente de carácter autodidacta. Toca a primeira cámara aos quince anos, poucos días despois de que morrera Franco. Isto, posiblemente, marcou a súa vida en relación ao audiovisual e a súa vida en xeral. Logo dun comezo bastante experimental, utilizando superoitos e mais tarde vídeos domésticos realiza algunha curta de ficción logrando algún que outro premio e participar en distintas mostras nacionais. Vendo que o do documental pode ser mais manual e artesano e escapando de frases de profesionais como “esto no se puede hacer” decide comezar a traballar co documental e a memoria oral. De aí nacerá Aillados, sobre o penal de San Simón e outras obras posteriores. En 2008, crea O Faiado da Memoria, xunto a Margarita Teijeiro, realizando múltiples exposicións, traballos audiovisuais e clips visuais.

FILMOGRAFÍA (Director)
1984 Os homes e a noite (Documental)
1985 25×24 (Vídeo experimental)
1988 Aillados (Documental)
1988 O retorno de Sipriano (Vídeo)
2003 A memoria nos tempos do Volfram (Documental)
2009 Esta noite velada (Vídeo)
2013 Desde dentro do corazón (Documental)
2014 A volta dos nove (Documental)
2020 Eu tamén necesito amar (Documental)
2025 Lola (Documental)