Mi ilustrísimo amigo

PAULA CONS / España / 2025

Pases

Luns 29/9 – 22:00 h
Teatro Principal

Martes 30/9 – 17:00 h
Cine Ponte Vella – Sala 7

Sinopse

Baseada en feitos reais, a película ambientada no século XIX recrea a intensa relación amorosa entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pézrez Galdós, dous xigantes da literatura española, cuxa historia se desenvolveu en gran parte a través de cartas e encontros discretos, desafiando as convencións sociais da súa época. Unha historia de amor, pasión e sexo, adiantada ao seu tempo A película é, ademais, a primeira longametraxe de ficción sobre a vida do soado escritor canario.

Premios

  • 2025 Berlín Woman Cinema (Alemania): Mellor Película
  • 2025 Miami Women Film Festival (EE.UU): Mellor Dirección de Fotografía
  • 2025 Montreal Women Film Festival (Canadá): Mellor Dirección de Fotografía

Galería de fotos

Trailer

Ficha Técnica

Título: Mi ilustrísimo amigo
Duración: 82 min
País: España
Ano: 2025
Xénero: Drama histórico
Directora: Paula Cons
Guión: Javier Pascual
Música: Gonzalo Díaz Yerro
Fotografía: Teresa Santana
Montaxe: Patricia Canino
Intérpretes: Lucía Veiga, Paco Déniz
Produtores: Chedey Reyes, Juan de Dios Serrano
Produción: Jugoplastika, Agallas Films

Paula Cons

Xornalista, guionista, produtora, documentalista e directora de cinema. É produtora executiva, directora de contidos e cofundadora de Agallas Films. En 2004 foi o seu ano de entrada na ficción tras gañar o Concurso Interación de Guión Camiño do Xacobeo con Ideas peregrinas, un proxecto que se converteu nunha miniserie para a produtora CTV. Despois, desde Continental Producións, desenvolveu como productora executiva a tv movie, Eduardo Barreiros, o Henry Ford español. En 2018 dirixiu con Agallas Films o docudrama O Caso Diana Quer. 500 días, sobre as investigacións policiais que levaron á resolución do caso Diana Quer. Tamén dirixiu a serie documental de Netflix ¿Onde está Marta?. En xaneiro de 2018 foi seleccionada en V Laboratorio de Creación de Series da SGAE. En 2019 rodou a súa primeira longametraxe como directora, A illa dás mentiras, da que tamén foi guionista e que gañou o Premio Xacobeo no Ourense Film Festival (OUFF).

FILMOGRAFÍA (Directora)
2009 Trece Badaladas (Serie de televisión)
2017 A batalla descoñecida
2018 O caso Diana Quer. 500 días (Serie documental)
2020 A illa das mentiras
2021 Onde está Marta? (Serie de televisión)
2025 Mi ilustrísimo amigo