Sinopse
Mateo é un porteiro de fútbol que desexa ser actor. O seu pai, Fermín, acompáñao a un adestramento clave ante un cazatalentos coa intención de que fiche polo Sevilla. Porén, a presión desborda a Mateo e realiza unha mala sesión. Ao día seguinte, nunha tensa cea familiar, revélalle ao seu pai que o seu verdadeiro soño é a actuación.





