Sinopse
En 2013, a desaparición e asasinato de Marisa Abeledo conmociona Galicia. Sen testemuñas, sen móbil e cun único rastro xenético, a investigación convértese nun labirinto de sospeitas, erros e silencios que sinala inocentes e deixa unha familia devastada. Durante anos, o caso queda estancado e o asasino continúa coa súa vida. Unha década despois, a determinación dun grupo de investigadores da Garda Civil consegue reabrilo grazas á xenealoxía xenética, unha técnica inédita en España que conecta o ADN actual con liñaxes de séculos pasados. Cando o cerco se pecha sobre un cazador local e o seu ADN coincide coa mostra do crime, a verdade sae por fin á luz: o monstro sempre estivo alí, entre eles.
Tráiler
Inés Pintor

A Coruña (España), 1989
Inés é directora e guionista galega, cocreadora da serie El tiempo que te doy (Netflix). Dirixiu máis de vinte curtametraxes, o documental Mujer(es)Mujer e, xunto a Pablo Santidrián, é guionista e directora de Sigue mi voz (2025). Neste 2026 dirixiu a serie O asasino do pelo roxo para Televisión de Galicia e na actualidade atópase dirixindo unha nova serie para Antena 3. Ademais, traballa na adaptación da súa novela, Este amor ardió tres veces (Penguin Random House). Recibiu o Premio Daniel Domínguez polo guión de As Crechas e o da II Edición do Premio José Gil de Audiovisual da Deputación da Coruña polo guión de Nove meses e dez días (2026). Inés é tamén cofundadora da produtora La Breve Historia.




