O meu nome é Camba

ASER ÁLVAREZ / España / 2025

Pases

Mércores 1/10 – 17:00 h
Cine Ponte Vella – Sala 7

Venres 3/10 – 22:00 h
Teatro Principal

Sinopse

Unha viaxe para descubrir a vida e obra de Julio Camba (Vilanova de Arousa, 1884 – Madrid, 1962), un dos xornalistas españois máis populares do século XX. No documental, viaxamos a través da memoria, dos testemuños de biógrafos, expertos, xornalistas, actores e actrices e amigos, así como das lecturas dos artigos elaborados pola pluma de Julio Camba nas distintas cidades do mundo nas que viviu e traballou: Buenos Aires, Istambul, Londres, París, Berlín, Roma, Lisboa e Nova York. O documental transcorre durante o seu último baño, na habitación 383 do Hotel Palace de Madrid, onde Julio Camba pasou o seus últimos trece anos de vida.

Galería de fotos

Ficha Técnica

Título: O meu nome é Camba
Duración: 72 min
País: España
Anño: 2025
Xénero: Documental
Director: Aser Álvarez
Guión: Aser Álvarez
Música: Moisés Quintas
Fotografía: Carlos Lapeña
Montaxe: Carlos Lapeña
Intérpretes: Juan Manuel García Bartolomé. Intervienen: Manuel Rivas, Luis Piedrahita, Xosé Antonio Touriñán, Xoán Tallón, Maribel Outeiriño, Mavi Doñate
Produtores: Aser Álvarez, Aldán Delgado
Produción: Arraianos Producións SLU

Aser Álvarez

Cineasta, director e guionista,, curador de exposicións, autor de libros e proxectos multimedia. Licenciado en Políticas e Xornalismo, Máster do diario El País e fundador do Festival Internacional de Cinema Carlos Velo. Foi redactor e guionista na TVG e na Cadena Ser. Gañou o premio ao mellor documental radiofónico no I Open Radio do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Socio fundador da produtora Arraianos Producións é membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia Española das Ciencias e das Artes da Televisión. O documental 100% Celso Emilio Ferreiro, protagonizado por Luís Tosar, foi a súa ópera prima coa que gañou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental, entre outros premios en Europa e América. Desde entón produciu e dirixiu numerosas longas e curtas documentais centradas nos procesos creativos de artistas e na recuperación da memoria e das historias de grandes personaxes.

FILMOGRAFÍA
2012 100% Celso Emilio Ferreiro
2014 Traballo animal (Codirixido con Plácido Romero)
2015 Carlos Velo en México
2015 Looking for Bill Viola
2015 Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas
2016 Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro
2021 El origen del Camino de Santiago
2022 Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z
2022 Xosé Velo. O libertador ibérico
2023 O Camiño de Prisciliano. Tralas pegadas de Ramón Chao
2024 Expediente Xosé Velo
2025 O meu nome é Camba