Sinopse
Como podemos falar do que non se conta? Lucía achégase á súa avoa Edilia en busca de respostas, pero só atopa silencio. Un silencio escuro e doloroso, imposible de romper. Cando comprende que Edilia nunca lle dará as respostas que busca, explorarán xuntas os límites das palabras e as imaxes, facendo dese silencio o seu lugar de encontro. Retrato dunha memoria íntima e familiar que se desvanece; que explora a tensión entre a morte dos nosos avós, unha xeración de persoas que non puideron transmitir a súa historia e a vivencia a uns netos que debemos convivir con este baleiro.
Galería de fotos
Ficha Técnica
Título: O silencio herdado
Duración: 81 min
País: España
Ano: 2024
Xénero: Documental
Directora: Lucía Dapena
Guión: Lucía Dapena González, Liliana Díaz Castillo
Música: Alejandro da Rocha
Fotografía: Lucía C. Pan, Lucía Dapena González
Montaxe: Juan Soto Taborda, Liliana Díaz Castillo
Productores: Lucía Dapena, Paulina Martínez, Matheus Mello, Suso Lopez
Producción: Gaita Films, La Selva. Ecosistema Creatiu
Lucía Dapena

Produtora e directora está especializada en documental polo prestixioso Máster de Documental Creatiu da Universidade Pompeu Fabra (Barcelona). É socia cofundadora da Selva. Ecosistema Creatiu. Traballou en India e Kenia na área de comunicación corporativa para ONGs. A complexidade destes lugares e das persoas que alí coñeceu, fixéronlle comprender que necesitaba aproximarse ao mundo do cinema, tendo a realidade como centro da súa creación. Cando regresou a España, foi seleccionada para cursar o Máster de Documental de Creación na Universidade Pompeu Fabra, (Barcelona). De forma paralela, traballou en tres películas que foron extremadamente importantes na súa experiencia profesional: Amb Títol (2015) de Neus Ballús (asistente de dirección), Sustancia (2016) dirixida por Lluís Galter (asistente en escritura de guion) e 10/7 (2019) de Xoel Méndez (asistente de dirección). A súa curtametraxe Disonar estreouse en numerosos festivais.
FILMOGRAFÍA (Directora)
2022 Disonar (Curtametraxe)
2024 O silencio herdado






