/

/

Pensión Incompleta

Pensión Incompleta

FERNANDA TABARÉS DOMÍNGUEZ / 2025

Presentación

Xoves 2/10 – 12:00h
CERES 1894

Sinopse

En Euskadi e Cataluña roubaron dúas obras de importante arraigamento social e cultural e, no seu lugar, deixaron un curioso obxecto: unha paxarela de papel. Mossos d’Esquadra e Ertzaintza comparten un mesmo sospeitoso. Ou, mellor dito, un mesmo grupo de sospeitosos: os membros dunha excursión de pensionistas que visitaron ambos lugares. O ladrón escóndese entre eles e só hai unha maneira de descubrir a súa identidade: infiltrando a dous dos seus “mellores” axentes —que se farán pasar por pai e filla— nunha nova excursión que terá lugar en Galicia.

Ficha Técnica

Título: Pensión Incompleta
Productora executiva: Fernanda Tabarés Domínguez
Guión: Sergio Campo Almeida
Xénero: Comedia
Ano: 2025

Fernanda Tabarés Domínguez

Xornalista e produtora executiva en Voz Audiovisual, cunha traxectoria vinculada á ficción e ao entretemento na TVG e noutras canles. Foi responsable de series como Néboa, Serramoura, Saudade de ti, A estiba ou Método criminal, e de programas como Atrápame se podes, Salvaxe ou Historias de aquí. Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo (2025) e dous Mestre Mateo como Mellor Comunicadora, é tamén columnista en La Voz de Galicia e docente en comunicación.