Sinopse
Unha meditación sobre a guerra, vista a través da vida de tres mulleres kurdas pertencentes ao movemento Kongreya Star, mulleres que resisten e soñan, forxando camiños de autonomía e empoderamento no corazón do conflito en Rojava, Kurdistan sirio. Un testemuño poético da coraxe, o coidado e a esperanza indomable que pode brotar mesmo na terra arrasada pola devastación. O documental entrelaza fragmentos da súa existencia cotiá -instantes de alegría, dor e resistencia- nun territorio marcado por máis dunha década de violencia. Mentres atravesan o exilio e a perda, a tenrura convértese no seu acto silencioso de rebeldía, un fío vital entre os entullos.
Galería de fotos
Ficha Técnica
Título: Serê Kaniyê
Duración: 61 min
País: España-Siria
Ano: 2025
Xénero: Documental
Director: Olmo Couto
Guión: Olmo Couto
Música: Xwezan Harûn
Fotografía: Olmo Couto
Montaxe: Álvaro Ayala
Intérpretes: H. Surya, Diya Ebdela, H. Dilan
Produtores: Sevinaz Evdike, Antonio Grunfe
Produción: Botarse ao monte, Komina Film Rojava
Olmo Couto

Director de fotografía e documentalista de padres gallegos. A súa mirada formouse entre a Escola de Cinema de Polonia (2005) e a Escola Internacional de Cinema de Cuba (2002). Entre 2018 e 2023 formou parte de Komîna Fîlm a Rojava, na Rexión Autónoma do Nordeste de Siria, onde foi director de fotografía en tres longametraxes nadas no medio da guerra, pero co optimismo da loita pola liberdade: Kobane, Desfile de vodas e Shengal, 12 xinetes. O seu traballo parte dunha convicción sinxela pero poderosa: a cámara e a luz non deben brillar por si mesmas, senón converterse nunha presenza viva, ao servizo dos personaxes e das historias que merecen ser contadas. Unha narrativa que foxe do artificio e busca o esencial. Nos últimos anos, o seu cinema virou ao redor da memoria, a identidade e a resistencia. Actualmente, inicia o desenvolvemento dunha ficción sobre a guerrilla en Galicia durante a Guerra Civil española.
FILMOGRAFÍA (Director / Documentales)
2007 El último día del invierno
2015 Ecos del desgarro
2017 Tierra y Kurdistán
2023 Vida y resistencia
2025 Serê Kaniyê






